Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de maio 1998 sobre concesión do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista a Viajes Abra-Mar, S.A, con número XG-173 e casa central na rúa García Olloqui, 4 de Vigo.

Visto o expediente instruído por instancia de Ángel Antonio Otero Blas, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Abra-Mar, S.A., en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo retallista a Viajes Abra-Mar, S.A., sita na rúa García Olloqui, 4 de Vigo.

Resultando que coa referida solicitude se xuntou a documentación que se indica no artigo 4 e con

cordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título-licencia.

Resultando que tramitado o oportuno expediente aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que, na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, o Decreto 155/1989 do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo,

Resolve: concédese título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co nº XG-173, a Viajes Abra-Mar, S.A., con casa central en Vigo, na rúa García Olloqui, 4 de Vigo, da que é titular a entidade mercantil Viajes Abra-Mar, S.A., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, con suxeición ó preceptuado no Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

4517