Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación da obra de aplicación da NBE-CPI-96 na residencia da terceira idade da Pobra do Caramiñal.

1. Entidade adxudicadora:

a)Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais - Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: aplicación da NBE-CPI-96 na residencia da terceira idade.

b) Lugar de execución: r/ Venecia, s/n, A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación: vintedous millóns setecentas sesenta e cinco mil seiscentas vintecatro pesetas (22.765.624 ptas).

5. Garantías:

Provisional: exenta (ver cláusula 8.3.6 do prego de cláusulas).

6. Obtención de documentación e información:

6.1. Información:

a) Entidade: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n Edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771 Santiago de Compostela; Tel.( 981) 54 56 77.

6.2. Documentación:

a) Teléfono:( 981) 59 03 02.

b) Domicilio: r/ Rosalía de Castro, 58 Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo K; subgrupo 9; categoría c).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que se presentará: a sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2º Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n 2ª planta.

3º Localidade: Santiago de Compostela (15771).

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais (sala de xuntas).

b) Domicilio: ver punto 6.1º.b.

c) Localidade: ver punto 6.1º.c.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

4518