Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998 pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto do servicio consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no XII Salón Internacional do Club de Gourmets (Madrid).

Por Resolución do 5 de marzo de 1998, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle o servicio á empresa:

Abarco Comunicación, S.L., importe de adxudicación: 13.275.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

4523