A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso e procedemento aberto:
Obxecto: contratación da asistencia técnica consistente na organización e realización da X Cata dos Viños de Galicia, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para este.
Orzamento de licitación: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.).
Garantía provisional: oitenta mil pesetas (80.000 ptas.).
Garantía definitiva: cento sesenta mil pesetas (160.000 ptas.).
Clasificación: non é necesaria.
Prazo de execución: os traballos obxecto desta asistencia técnica terán que estar totalmente rematados o día 6 de xullo de 1998.
Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Promoción Agroalimentaria da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).
Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
Presentación e apertura de proposicións as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroa
limentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 13 de xuño de 1998.
A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 17 de xuño de 1998, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).
Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 1998.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria
3879