Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a prórroga da toma de posesión dos predios de substitución na zona de Lourenzá sur (Lourenzá-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Lourenzá Sur (Lourenzá-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión delas, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, prorrogándose a data límite, para a dita toma de posesión, ata o 30 de abril de 1998, por falta de acordo do propietario deles e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados desde o 2 de maio de 1998, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, por falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 16 de abril de 1998.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

de Lugo

4026