Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/221-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Regadiña.

Situación: Ponteceso.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de (3x150) mm Al, de 520 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Corme Arneda (expediente 50392) e final en C.T. Regadiña, a instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conducgor R.Z. de 1.170 m en Regadiña, Cande-Lago e Corme. Ponteceso.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 7 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3571