Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/219-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación posición liña 66 kV Calvo Sub. Carballo.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: ampliación dunha posición de liña de 66 kV denominada Calvo, en la subestación de Carballo, constituída por: pórtico de estructura metálica con xogo de barra simple de cable condor. Aparamenta eléctrica: seccionador de barras e seccionador de liña de 72,5 kV e 1.600 kVA, interruptor de liña de 72,5 kV e 2.000 A, transformadores de tensión e intensidade e autoválvulas. Equipos para telemando, control sinalización e medida. Municipio de Carballo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 6 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3570