Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/1-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Concello de Nogueira de Ramuín.

Domicilio social: N. Ramuín, 32000 N. Ramuín.

Denominación: bombeo de auga en Faramontaos.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV, de 1.090 m de lonxitude, en conductor LA-56, sobre apoios de formigón ou metálicos con orixe na L.M.T. a C.T. Eiradela e remate no C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V, da estación para bombeo de auga en Faramontaos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3560