Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/228-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ribeiro.

Situación: municipio de Porto do Son. A Coruña.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 8 m de lonxitude, con orixe na liña que vai a Camboño (expediente 11645) e final no C.T. Ribeiro a instalar. Centro de transformación aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Ribeiro, do que parte rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 365 m de lonxitude. Porto do Son.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 7 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3572