Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.409

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (168/1996).

Eu, Miguel Formoso Sobrado, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón e o seu partido, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de divorcio (6*) nº

168/1996, nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva que di así:

En Padrón o vinte de febreiro de mil novencentos novente e oito.

Vistos por Evelia Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, os presentes autos de divorcio nº 168/1996, nos que son parte, como denunciante, Antonio Espiñeira Cajaraville, representado polo procurador Ricardo García Píccoli-Atanes, e asistido pola letrada Ana Isabel Paz Rodríguez, e como denunciada María Fraga Fuentes, en rebeldía procesual.

Decido.

Que estimado a demanda interposta por Antonio Espiñeira Cajaraville contra María Fraga Fuentes, debo declarar e declaro disolto, por incorrer na causa de divorcio do número 4 do artigo 86 do C.C., o matrimonio celebrado por Antonio Espiñeira Cajaraville con María Fraga Fuentes, sen facer especial pronunciamento sobre as custas causadas.

Unha vez firme, expídese testemuña da sentencia ó Rexistro Civil do Consulado Xeral de España en Montevideo-Uruguai.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación do que, se é o caso, coñecerá a Audiencia Provincial da Coruña.

E para a súa publicación e para que lle sirva de notificación á demandada, non comparecida, María Fraga Fuentes, expido o presente edicto en Padrón o dezaseis de abril de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

3670