Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.410

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (106/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 106/1997 se segue xuízo de faltas sobre ameazas no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela o vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 106/1997, seguidos por ameazas, sendo parte denunciante María del Carmen Gil Carreira, maior de idade, aparecendo como parte denunciada Jesús Chico Caneda, maior de idade, o Ministerio Fiscal non foi parte.

Decido, que debo absolver e absolvo a Jesús Chico Caneda, da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado en ignorado paradoiro Jesús Chico Caneda expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o vinte de abril de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

3656