Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.382

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Aquagest, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Aquagest, S.A., (código de convenio nº 8200292) que se subscribiu na data do 2 de marzo de 1998, entre a representación da empresa e a representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

As presentes normas rexerán na empresa Aquagest, S.A. e en todo o non expresamente previsto nelas aplicarase a ordenanza laboral das industrias de captación, elevación, conducción, tratamento, depuración e distribución de auga, aprobada pola orde ministerial do 27 de xaneiro de 1972, e demais normas reguladoras do dereito de traballo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Por este convenio rexerase todo o persoal ó servicio da empresa que estea suxeito ás normas laborais vixentes.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

As disposicións contidas neste convenio rexerán en tódolos centros de traballo que manteña abertos a empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día da súa publicación, unha vez homologado pola autoridade laboral. Producirá efectos económicos desde o día 1 de xaneiro de 1998 e terá unha duración dun ano que se contará desde a devandita data. Rematará a súa aplicación o 31 de decembro de 1998. O devandito convenio será tacitamente prorrogado de ano en ano, mentres calquera das partes non lle manifeste á outra, con antelación mínima dun mes á data de extinción ou de calquera das súas prórrogas, a súa vontade de dalo por rematado.

Capítulo II

Organización do traballo e formación profesional

Artigo 5º.-Norma xeral.

A organización técnica e práctica do traballo é facultade exclusiva da empresa, quen deberá facer uso dela con suxeición ó establecido nas leis.

En cada momento a empresa adaptará os seus sistemas de producción ás circunstancias tecnolóxicas, procurando, con carácter primordial, capacita-lo cadro de persoal para o desenvolvemento e aplicación dos novos procedementos, sen que estes poidan redundar en prexuízo dos dereitos económicos ou doutro tipo adquiridos.

Correspóndelle á dirección da empresa asignar e cambia-los postos de traballo e os destinos, todo iso de acordo coa lexislación vixente, en especial a ordenanza laboral da auga.

Artigo 6º.-Comisión mixta.

A comisión mixta será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio. As súas funciones serán as de interpretación e vixilancia do presente convenio.

-Estará integrada por:

Tres representantes do comité de empresa.

Tres representantes da empresa.

Esta comisión reunirase de xeito ordinario trimestralmente.

Artigo 7º.-Cadro de persoal.

O cadro de persoal será o que en cada momento resulte axeitado para a correcta explotación do servicio público que a empresa ten encomendado.

Artigo 8º.-Prestación do traballo.

O/a traballador/a está obrigado/a a coñecer e desempeñar tódolos traballos precisos para a correcta execución das tarefas que se lle encomenden e iso no nivel da categoría profesional que teña.

No caso de que fosen desempeñados habitualmente por un/unha traballador/a tarefas correspondentes a varios oficios ou categorías profesionais, este deberá ostentar aquela que resulte mellor remunerada, sen que iso signifique que pode deixar de realiza-la de carácter inferior.

Non rexerá o parágrafo anterior se o/a traballador/a realiza algunhas tarefas correspondentes a unha categoría superior á que ostente e perciba unha compensación específica pola tarefa múltiple que desempeña.

Iso enténdese sempre e cando se trate de funcións auxiliares á función principal, xa que no caso contrario pode resultar de aplicación o disposto no artigo 38 da vixente ordenanza laboral.

Considerarase que un/unha traballador/a realiza un traballo de superior categoría, cando ocupe un posto de traballo vacante, no que desenvolva un labor que corresponda a un nivel superior a súa categoría profesional, segundo a clasificación do artigo 15º deste convenio.

A declaración desta situación pode ser establecida a petición do/a traballador/a ou por iniciativa da dirección. En ámbolos dous casos deberá ser confirmada de acordo co comité de empresa.

Esta situación terá un límite temporal de tres meses como máximo, ó cabo dos cales se, se confirmara a vacante se observarán para a súa provisión o que establece o articulado deste convenio.

En todo caso, mentres se desenvolvan funcións de superior categoría, o/a traballador/a terá dereito, durante todo o tempo desta situación, á diferencia retributiva que lle corresponda.

No caso de discrepancia someterase á comisión mixta.

Artigo 9º.-Rendementos.

1. Procederase á determinación do rendemento normal que hai que desenvolver en cada posto de traballo.

2. As remuneracións que se establecen no presente convenio corresponden a un rendemento normal.

3. Para a determinación de rendementos, saturación de traballo nos postos e fixación, se é o caso, de incentivos, a empresa poderá efectua-la medición dos traballos en todos aqueles casos en que sexa viable, e teranse en conta tanto os factores cuantitativos coma os cualitativos.

4. A representación dos/as traballadores/as constituída na empresa, a través dos órganos regulamentarios terá nas materias que se especifican nos anteriores parágrafos a intervención que recoñece a lexislación vixente.

Artigo 10º.-Dedicación plena ó traballo.

Cando sexa posible a realización simultánea ou sucesiva dentro da xornada de funcións correspondentes a varios postos de traballo de análoga ou de inferior categoría, poderán ser aquelas encomendadas a un só traballador/a, ata chegar á plena ocupación da súa xornada, medida precisa para obter unha óptima productividade de todo o persoal. O tipo de traballo que se lle encomende non poderá ser vexatorio ou pexorativo.

Artigo 11º.-Exercicio do mando.

O persoal con mando, coa autoridade e responsabilidade conseguinte, deberá acada-lo rendemento e a eficacia do persoal do servicio que estea baixo as súas ordes e exercerá a súa autoridade de forma humana, axeitada e eficiente.

Son funcións inherentes a todo mando na empresa: a formación do persoal ás súas ordes para acada-la elevación do seu nivel técnico e profesional e velar pola súa seguridade.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

A dirección da empresa, coa participación do comité de empresa, determinará a roupa de traballo que debe ser utilizada nos distintos servicios. A repre

sentación dos/as traballadores/as constituída na empresa, a través dos seus órganos regulamentarios, será informada respecto do tipo de roupa para utilizar ou informará respecto dela.

A calidade das roupas de traballo será a suficiente para a súa duración mínima dun ano. En caso contrario, a empresa terá que lle proporcionar ó seu persoal novas roupas de acordo coa súa duración.

As datas de entrega serán o primeiro de outubro, para as prendas de inverno, e o primeiro de xullo, para a de verán.

O uso da roupa de traballo, para aquel persoal que as teña determinadas, será obrigatorio durante a prestación do traballo.

Artigo 13º.-Formación profesional.

Entenderase que o obxecto xeral dela é mellora-la formación profesional do conxunto de traballadores. De acordo cunha previsión de vacantes no cadro de persoal, procurarase que o persoal da empresa sexa formado de tal forma que, con igualdade de oportunidades, poida acceder a postos de traballo de superior categoría ou responsabilidade que quedasen vacantes.

Artigo 14º.-Obrigatoriedade da formación profesional.

Nos casos en que a formación profesional teña lugar en xornada ordinaria, será obrigatoria para o/a traballador/a a súa asistencia a ela e deberá procura-lo máximo aproveitamento nas ensinanzas que se impartan.

No caso de que a formación tivese lugar fóra da xornada, a asistencia a ela será voluntaria.

Artigo 15º.-Productividade.

As partes fan constar que consideran básica para o bo funcionamento da empresa, en particular, e da economía nacional, en xeral, que se incremente a productividade en tódolos centros de traballo e procurarán un incremento do rendemento, tanto global como individualmente considerado.

Artigo 16º.-Premios e faltas.

Os traballadores/as poderán ser sancionados/as pola dirección da empresa de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos apartados seguintes:

-Clasificación das faltas:

Toda faltas cometidas por un/unha traballador/a clasificarase, atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave ou moi grave, de conformidade co que se dispón nos parágrafos seguintes:

a) Son faltas leves as seguintes:

1. Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo, sen a debida xustificación, cometidas durante o período dun mes.

2. Non cursar no tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ó traballo por motivos xustificados, a non ser que se probe a imposibilidade de efectualo.

3. Pequenos descoidos na conservación do material.

4. Faltas de aseo e limpeza persoal.

5. Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

6. As discusións sobre asuntos alleos ó traballo, dentro das dependencias da empresa ou durante actos de servicio. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como falta grave ou moi grave.

7. Non comunica as situacións personais que poidan afecta-las obrigas fiscais ou de Seguridade Social da empresa cos seus traballadores/as.

8. O abandono do servicio sen causa fundada, aínda que sexa por tempo breve.

9. Non atende-lo público coa delixencia e corrección debidas.

b) Cualificaranse como faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade no traballo cometidas durante un período de 30 días.

2. Non comunicar, coa puntualidade debida, as actividades do traballador/a que poidan afectar á cotización á Seguridade Social. A falta manlintencionada nestes datos consideraranse coma falta moi grave.

3. Entregarse a xogos ou distraccións, calquera que sexa, estando de servicio.

4. A simple desobediencia a superiores en calquera materia do servicio. Se implicase quebranto da disciplina ou dela derivase prexuízo para a empresa, poderá ser considerada coma falta moi grave.

5. Simular a presencia doutro/a traballador/a, fichando ou sinando por aquel/aquela.

6. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á boa marcha do servicio.

7. A imprudencia en actos de servicio. Se implicase risco de accidente para o/a traballador/a, para terceiros ou perigo de avaría ou danos para as instalacións ou equipos, poderá ser considerada como moi grave.

8. Facer, sen o oportuno permiso, xestións particulares durante a xornada, así como empregar para usos propios, ferramentas, equipos ou instalacións da empresa, incluso cando iso ocorra fóra da xornada de traballo.

9. A embriaguez e/ou toxicomanía fóra do traballo vestindo o uniforme da empresa.

10. A falta de asistencia ó traballo de ata dous días ó mes, sen xustificación.

11. Se como consecuencia de calquera falta de puntualidade, ou da causa prevista do parágrafo oitavo do apartado a), se cusase prexuízo á empresa ou fose causa de accidente, esta falta poderá ser considerada como grave.

12. Abandono do posto de traballo, sen causa xustificada, incumprindo o réxime de quendas establecido en cada centro de traballo.

13. Se existe reincidencia na comisión da causa prevista no parágrafo noveno do apartado a).

14. A inobservancia das leis, regulamentos ou incumprimento das normas en materia de prevención de riscos laborais, cando estas supoñan risco para o/a traballador/a, os/as seus/súas compañeiros/as ou terceiros, así como non usar, ou usar inadecuadamente os medios de seguridade facilitados pola empresa. No caso de que o risco fose grave ou se producise prexuízo algún, considerarase como moi grave.

15. A ocultación de calquera feito que o/a traballador/a presenciase, que lle cause de xeito apreciable prexuízo grave de calquera índole a empresa, ós/ás seus/súas compañeiros/as de traballo, ou a terceiros.

16. A falta de puntualidade, sen a debida xustificación, cando tivese que relevar a un compañeiro/a.

17. Se a causa prevista no parágrafo sexto do apartado a) producise escándalo notorio.

18. A reincidencia en falta leve, agás a de puntualidade, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado polo menos amoestación escrita.

c) Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, cometidas nun período de seis meses ou de vinte durante o ano.

2. A falta inxustificada de asistencia ó traballo de máis de dous días ó mes.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza, e o furto ou roubo, tanto á empresa como ós/ás compañeiros/as de traballo ou a terceiros, dentro das dependencias da empresa ou, durante o traballo en calquera lugar.

4. O consumo fraudulento de auga ou a complicidade nel.

5. Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos nas materias primas, artellos, ferramenta, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, enseres e documentos da empresa ou de terceiros relacioandos con ela.

6. A condena por delito de roubo, furto ou malversación cometidos fóra da empresa, ou por calquera outa clase de feito que poida implicar para esta desconfianza respecto do/a seu/súa autor/a e,

en tódolos casos, as de duración superior a seis anos, dictadas pola autoridade xudicial.

7. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal xeito que produza queixas xustificadas dos/das compañeiros/as de traballo ou clientes.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa.

9. Revelar, a elementos alleos á empresa, datos de reserva obrigada.

10. Facer traballos particulares durante a xornada laboral.

11. Os malos tratos de palabra ou obra ou a falta grave de respecto e consideración ós/ás clientes, xefes/as ou calquera empregado/a da empresa, así como ós familiares de todos eles, durante a xornada de traballo ou en dependencias da empresa.

12. Causar accidente grave por neglixencia ou imprudencia inescusable.

13. Abandona-lo traballo en postos de responsabilidade, sen causa xustificada, ou en situación que cause grave prexuízo á empresa ou ós seus clientes.

14. A diminución voluntaria e continuada do rendemento normal ou pactado do/a traballador/a.

15. Orixinar rifas e liortas cos/coas compañeiros/as de traballo ou clientes.

16. A simulación de enfermidade ou accidente.

17. Prestar servicios a cotío sufrindo os efectos ou consecuencias de calquera tipo de embriaguez ou toxicomanía.

18. O acoso sexual.

19. As derivadas do previsto na causa sexta do apartado a), e na segunda, cuarta, sétima e décimo cuarta do apartado b).

20. Se como consecuencia da causa prevista no parágrafo décimo do apartado b) se causase prexuízo a empresa ou fose causa de accidente, a citada falta poderá ser considerada como moi grave.

21. A reincidencia na falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dun semestre.

* Réxime de sancións e procedemento sancionador.

Correspóndelle a empresa a facultade de impor sancións nos termos do establecido no presente convenio colectivo.

Tódalas sancións que non consistan en amoestación verbal requirirán de comunicación escrita motivada ó/á traballador/a.

Nos casos de sanción por falta moi grave, a empresa comunicaralle a sanción por escrito ó/á traballador/a cun prazo de aviso previo de dous días hábiles para que produza efectos, entregándolle unha copia dela a representación legal dos/as traballadores/as. O/a traballador/a disporá dun permiso retribuído dos

citados dous días hábiles por escrito ante a empresa o que na súa defensa estime oportuno. Se a empresa non modificase por escrito a súa decisión, esta entenderase efectiva transcorrido o citado prazo de dous días hábiles.

As sancións que a empresa poderá impor, segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas, serán as seguintes:

Por falta leve:

-Amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de emprego e soldo ata dous días.

Por falta grave:

-Suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

Por falta moi grave:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis días a sesenta días ou despedimento.

* Prescrición.

As facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves os dez días, para as faltas graves ós vinte días, e para as faltas moi graves ós sesenta días, a partir da data na que aquela tivese coñecemento da súa comisión e, en calquera caso, ós seis meses de terse cometida.

* Representantes legais dos/as traballadores/as:

Se os membros do comité de empresa ou os/as delegados/as de persoal, como representantes legais dos/das traballadores/as, cometen faltas de orde laboral que poidan te-la consideración de graves ou moi graves, se procederá á apertura de expediente contradictorio, sendo oídos, ademais do/da interesado/a, o comité de empresa ou restantes delegados/as de persoal.

Capítulo III

Clasificación profesional

Artigo 17º.-Clasificación profesional e definición.

As clasificacións e as definicións profesionais serán as seguintes:

Grupo I. Persoal titulado e técnico.

O persoal deste grupo é o que realiza funcións de orde técnica para as que se requiren uns determinados coñecementos técnicos, podendo ser preciso estar avalado/a pola correspondente titulación.

Nivel I

-Titulados/as superiores de grao superior con xefatura:

Son os/as contratados/as para os traballos correspondentes ós seus títulos e que teñen á súas ordes outros titulados de igual grao.

-Titulados/as de grao superior:

Son os/as contratados/as para as misións correspondentes ó seu título superior.

Nivel II

-Titulados/as de grao medio:

Son os/as contratados/as para as misións correspondentes ó seu título ou con capacidade técnica e cos coñecementos precisos para dirixir algunha das ramas da empresa, ou ben para colaborar directamente cun/cunha titulado/a superior nas súas tarefas e incluso substituíndoo.

-Xefes/as de servicio:

Son os/as que, posuíndo a capacidade e coñecementos axeitados, teñen delegada baixo o seu mando e responsabilidade, a dirección ou inspección (ou ámbalas dúas funcións), dalgunha das ramas da explotación.

Nivel III

-Topógrafo/a de primeira:

Son os/as que están capacitados/as para realizar toda clase de traballos de replanteos e levantamentos topográficos, desenvolvendo en gabinetes os traballos efectuados no campo con taquímetro ou nivel, con coñecementos prácticos no manexo dos instrumentos topográficos máis usuais e está capacitado/a para o levantamento dun determinado anaco de terreo facendo as operacións para representalo no plano, podendo ter ás súas ordes a topógrafos/as de segunda.

-Delineantes-proxectistas:

Son os/as que por medio de planos dan realizacións prácticas ás ideas suxeridas polos/polas seus/súas xefes/as ou concibidas por eles/elas mesmos/as. Deberá coñecer cálculo de resistencia de materiais, posuíndo ó mesmo tempo os coñecementos técnicos e matemáticos precisos para o desenvolvemento da súa función, debuxa ou copia os planos de conxunto e detalle, logo de entrega do bosquexo, efectuando cubicacións, etc., bosquexa do natural executando con perfección proxeccións, acotamentos, seccións, rotulacións, e debuxos de detalle, ou o que posuíndo coñecementos técnicos e matemáticos elementais debuxa planos de detalle e conxunto copiando directamente ou por medio de papeis realiza a escala determinados bosquexos sinxelos e claros de sinxela interpretación executando con perfección a rotulación.

-Encargados/as de sección:

Son os/as que tendo baixo as súas ordes inmediatas ó persoal de inferior categoría, teñen a responsabilidade do traballo que se vai realizar, correspondéndolle-la organización e dirección del, bosquexo de ferramentas e artellos, dictado das disposicións que se precisan para a execución daquelas, vixilancia de gastos de ferramenta e material, enerxía postos de obras, segundo os planos e proxectos que lles teñan facilitados, os cales deberán saber interpretar e executar.

Nivel IV

-Topógrafos/as de segunda:

Son os/as que con coñecementos prácticos no manexo dos instrumentos topográficos máis usuais posúen nocións de xeometría e trigonometría, estando capacitado/a para o levantamento topográfico dun determinado anaco de terreo e presentándoo despois no debuxo a escala interesada.

-Delineantes:

Son os/as que tendo os coñecementos técnicos e matemáticos precisos para o desenvolvemento da súa función, debuxa ou copia planos de conxunto e detalle precisos e acoutados logo de entrega do bosquexo, efectuando cubicacións, etc. Bosquexan do natural executando con perfección proxeccións, acoutamentos, seccións, rotulacións e debuxos de detalle. Tamén poderán ser responsables do arquivo de planos e da súa reproduccción.

-Analistas.

Son os/as auxiliares do persoal titulado correspondente que sen iniciativa propia executan tomas de mostras e preparan reactivos, solucións valoradas e caldos de cultivo conforme as instruccións recibidas, esteriliza materiais, ademais de exerceren misións burocráticas elementais propias do laboratorio, coidan da conservación e limpeza do material e realizan as análises de tipo corrente que lles encomendan os seus superiores.

O persoal deste nivel IV, ós 8 anos do seu ingreso nel, percibirá a remuneración correspondente ó nivel III, se ata entón non foi posible o seu ascenso.

Nivel V

-Auxiliares técnicos.

Son os/as que sen iniciativa propia colaboran na realización de traballos de carácter elemental técnico, encomendado polos/polas técnicos/as de categoría superior ós ordes directas do cal taballan.

O persoal deste nivel V, ós 8 anos do seu ingreso nel, percibirá a remuneración correspondente ó nivel IV, se ata entón non foi posible o seu ascenso. Ós 6 anos de asimilación de retribucións sen ter obtido o ascenso, consolidará aquel nivel.

Grupo II.-Persoal administrativo

Serán clasificado/a dentro deste grupo o persoal que realice misións de orde administrativa a quenes para o desenvolvemento da súa función se lle esixe determinados coñecementos administrativos, podendo precisar estar avalado/a pola correspondente titulación.

Nivel I

-Titulados/as de grao superior con xefatura.

Son os/as contratados/as para os traballos correspondentes ós seus títulos e que teñen ás súas ordes outros/as titulados/as de igual grao.

-Titulados/as de grao superior.

Son os/as contratados/as para as misións correspondentes ó seu título superior.

Nivel II.

-Titulados/as de grao medio.

Son os/as contratados/as para as misións correspondentes ó seu título, cos coñecementos precisos par dirixir algunha das ramas administrativas da empresa, ou ben para colaborar directamente cun/cunha titulado/a superior nas súas tarefas e incluso substituíndoos/as.

-Xefes/as de grupo.

Son os/as que exercen as súas funcións no lugar no que a empresa ten instalada a súa sede central asumindo a orientación e responsabilidade de varias seccións ou negociados.

-Xefes/as de sección.

Son os/as que ás ordes dos/das seus/súas superiores dirixen os cometidos sinalados á súa sección sen prexuízo da súa participación persoal no traballo.

-Subxefes/as de sección.

Son os/as que actúan coma inmediatos/as colaboradores/as dos/das seus/súas superiores, substituíndoos/as plenamento nos casos de ausencia ou enfermidade, podéndose encargar ó tempo dunha especialidade determinada. Serán responsables da súa organización e disciplina.

-Analistas de sistemas.

Son os/as que posúen capacidade de síntese e coñecen as posibilidades e limitacións do equipo de proceso de datos. Empregan as técnicas de programación en toda a súa extensión, deseñando documentos de entrada e saída da aplicación e proxectan melloras nos procedementos e técnicas que se van empregar.

Nivel IV.

-Oficiais de primeira.

Son os/as que as ordes dun/dunha superior, e con completo coñecemento dos traballos de categoría inferior, fan traballos de máxima responsabilidade relacionados co servicio que desempeñan, así como cantas outras das que a total e prefecta execución requira a suficiente capacidade para resolver por propia iniciativa os atrancos que xurdan no desempeño do seu cometido. A xeito de orientación de propostas, despacho de correpondencia, contabilidade, liquidación de salarios e Seguridade Social, e demais traballos propios de oficina.

Tódolos/as oficiais de primeira percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente á categoría inmediata superior se ata entón non foi posible o seu ascenso.

-Programadores/as.

Son os/as que desenvolven traballos complexos a partir dos procedementos previamente definidos

polos/polas analistas ata a súa total posta en explotación.

Nivel V.

-Oficiais de segunda.

Son os/as empregados/as que con perfecto coñecemento do traballo de categoría inferior e ás ordes dun/dunha xefe/a ou oficial de primeira, desenvolven traballos de mediana responsabilidade, ou que requiren menos iniciativa, correspondentes á sección á que pertenzan, tales como confección de nóminas, control e liquidación de efectos ó cobramento, operacións doadas de contabilidade, trascrición nos libros, organización de arquivos e ficheiros, e demais traballos auxiliares.

Tódolos/as oficiais de segunda percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente á de oficial de primeira, se ata entón non foi posible o seu ascenso. Ós seis anos de asimilación de retribucións sen ter obtido o ascenso consolidarán a categoría de oficial de primeira.

-Operadores/as de ordenador.

Son os/as que operan e controlan ordenadores dotados de sistemas operativos e capaces de traballar en multiprogramación, principalmente equipos e programas de natureza complexa. Deben saber detectar e resolve-los problemas operativos, definíndoos como erros de operación de máquina.

-Encargados/as de cobradores, de lectores, de almacén.

Son aqueles/as empregados/as que sen prexuízo da súa participación persoal no cometido de lectores/as, cobradores/as ou almaceneiros/as, teñen carácter xerárquico sobre do persoal encadrado na categoría inferior con funcións, entre outras, de distribución, vixilancia, inspección de persoal ás súas ordes, comprobación de lecturas feitas.

-Inspectores/as de subministracións.

Son os/as que realizan inspeccións nas instalacións dos/das abonados/as. Deben estar capacitados para apreciar se as referidas instalacións se axustan ás normas regulamentadas, debendo informa-los seus superiores do resultado da súa inspección.

Nivel VI

-Auxiliares administrativos/as.

Son os/as que axudan ós/ás seus/súas superiores en traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales coma os mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, tratamento de textos, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, preparación de recibos, cargos, etc.

Tódolos/as auxiliares percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente a oficial de segunda, se ata entón

non foi posible o seu ascenso. Ós seis anos de asimilación de retribucións sen ter obtido o ascenso consolidarán a categoría de oficial de segunda.

-Lectores/as cobradores/as.

Son os/as responsables de anota-lo consumo rexistrado polos contadores dos/das abonados/as nos cadernos correspondentes debendo dar conta ós/ás seus/súas superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas. Poderán cobrar no domicilio dos/das abonados/as os recibos, realizando despois a liquidación do cobramento de acordo coas normas vixentes. Prepararán os cobramentos por cuarteiróns dos recibos non pagados e entregarán as cantidades cobradas, dando conta ós/ás seus/súas xefes/as das observacións e incidencias que formulen os/as abonados/as. Cando non realicen o seu traballo normal de lectura e cobramentos poderáselles encomendar na oficina traballos de repaso, comprobación e similares do conxunto de operacións que constitúan o seu labor habitual, podendo ó mesmo tempo que cobran e len, efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

-Almaceneiros/as.

Son os/as que, con coñecementos dos materiais que teñen ó seu cargo, atenderán a petición, recepción, clasificación, vixilancia e despacho deles.

Grupo III. Persoal obreiro.

É o persoal que desenvolve fundamentalmente labores relacionadas con oficios clásicos ou cos peculiares da empresa.

Nivel VIII

-Capataces ou encargados/as de taller, grupo ou estación.

Son aqueles/as operarios/as de superior categoría que, interpretando as ordes recibidas dos seus superiores coidan o seu cumprimento e dirixen os traballos do persoal obreiro con perfecto coñecemento dos labores que estes/as efectúen, así como da perfecta execución do seu traballo.

-Montadores/as mecánicos ou electricistas.

Son os/as que interpretando os planos e esquemas das instalacións, motores e elementos auxiliares, efectúan a súa montaxe, reparación e axuste, no seu taller ou in situ, sabendo ó mesmo tempo deseñar e construír pequenas pezas en relación coas operacións propias da súa especialidade.

Nivel IX

-Subcapataces.

Son os/as que realizan funcións auxiliares ó/á capataz, con igual función a este, ou subordinado, dirixindo e vixilando a un grupo de operarios/as.

-Inspectores/as de instalacións.

Son os/as responsables de toma-los datos precisos para redacta-los orzamentos e unha vez feita a instalación comproba-la súa execución, recollendo as

oportunas notas para establecer despois a liquidación que teña que practicarse.

Nivel X

-Oficiais de primeira.

Son os/as que posuíndo un oficio determinado, o exercen e o aplican con tal grao de perfección que non só lles permite levar a cabo os traballos xerais do seu oficio, senón aqueloutro que supoñan especial empeño e delicadeza dentro del, con coñecemento completo dos traballos de obradoiro, das instalacións de producción ou da rede de distribución, así coma o conductor mecánico contratado especificamente, por posuír carné de primeira clase, categoría C.

Tódolos/as oficiais de primeira percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente á categoría inmediata superior se ata entón non foi posible o seu ascenso. Este persoal actuará no desempeño das súas funcións con iniciativa e responsabilidade propias, podendo ter ás súas ordes outro persoal de igual ou inferior categoría.

Nivel XI

-Oficiais de segunda.

Integran esta categoría aqueles/as operarios/as que, sen chegaren a especialización esixida para o traballo máis perfecto, executan con corrección e eficacia abondas, tarefas de carácter xeral ou específico nos obradoiros, nas instalacións de producción ou na rede de distribución así coma o conductor mecánico contratado especificamente, por posuí-lo carné de segunda clase, categoría B.

Este persoal poderá estar actuando ás ordes do persoal de superior categoría, ou ter ó seu cargo persoal de inferior categoría, cando o cometido asignado non sexa de maior responsabilidade.

Tódolos/as oficiais de segunda pasarán automaticamente a oficiais de primeira ó cumpriren os oito anos do seu ingreso naquela categoría, sen que para isto sexa preciso a existencia de vacantes en oficiais de primeira.

Nivel XII

-Oficiais de terceira.

Considéranse coma tales os/as que, con formación profesional elemental nas funcións que integran un oficio, executan os traballos acorde coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun/dunha superior.

Tódolos/as oficiais de terceira pasarán automaticamente a oficiais de segunda ó cumpriren os oito anos do seu ingreso naquela categoría, sen que para iso sexa preciso a existencia de vacantes en oficiais de segunda.

Aínda que se establezan tres categorías oficiais, as funcións que se lles encomendan a estes serán, en xeral, análogas con independencia da categoría á que pertenzan e baseadas fundamentalmente nos

coñecementos das especialidades que se lles sinalen.

Nivel XIII

-Peóns especialistas.

Son os/as empregados/as que con determinados coñecementos dunha especialidade, axudan os oficiais e executan as súas ordes. Tódolos/as peóns especialistas pasarán automaticamente a oficiais de terceira ó cumpriren os oito anos do seu ingreso naquela categoría, sen que para iso sexa preciso a existencia de vacantes en oficiais de terceira.

Nivel XIV

-Peóns.

Son aqueles/as operarios/as maiores de 18 anos, con capacidade suficiente para un rendemento normal de traballo e non precisan práctica previa nin coñecemento de especialidade ningunha. Tódolos/as peróns pasarán automaticamente a peóns especialistas ó cumpriren os oito anos do seu ingreso naquela categoría, sen que para iso sexa preciso a existencia de vacantes en peóns especialistas.

Nivel XV

-Aprendices.

Serán aqueles/as traballadores/as menores de 18 anos que teñan vixente un contrato de aprendizaxe segundo a lei.

Grupo IV. Persoal subalterno

Nivel XVIII

-Persoal de limpeza.

É aquel persoal que ten ó seu cargo a limpeza das oficinas e outras dependencias da empresa.

Capítulo IV

Xornada. Horario. Horas extraordinarias. Vacacións. Permisos por enfermidades. Viaxes. Desprazamentos e servicio militar

Artigo 18º.-Xornada.

Para todo o persoal, a xornada semanal orientativa será de 38 horas semanais. Establecese xornada continuada os venres dos meses de xullo e agosto.

Para as explotacións de Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra, así como para o persoal de oficina e lectores, a xornada intensiva será do 22 de xuño ó 6 de setembro.

Establécese unha xornada anual de horas efectivas de traballo de 1.695 horas.

Artigo 19º.-Prolongación da xornada.

Nos casos en que por necesidades do servicio deba prolongarse a xornada máis dunha hora despois do seu termo normal, a empresa deberá conceder dúas horas libres non computables como extraordinarias para que o/a traballador/a se poida desprazar ó seu domicilio e reemprenderá o traballo despois de dito tempo por un mínimo de tres horas extraordinarias, que de non se realizaren percibirá economicamente.

Cando o traballo se realice na chamada zona de axuda de custos, percibirase esta, e non será de aplicación o anterior, sendo o especificado no parágrafo seguinte.

Se a urxencia do traballo impedise a interrupción de dúas horas, realizarase este en zona de axuda de custos, e concederáselle ó persoal un mínimo de media hora para que poida xantar no traballo ou nos seus arredores. Esta interrupción de media hora non computará como tempo traballado, pero dará dereito á percepción dunha axuda de custo, sexa cal sexa o lugar no que se traballe e non rexerá neste caso o mínimo de horas especificado no parágrafo anterior.

O importe da axuda de custo que se perciba especifícase no artigo 48º do presente convenio.

Despois de percibi-la primeira axuda de custo e nas mesmas condicións, cada oito horas máis de prolongación da xornada, corresponderá unha comida e por iso unha axuda de custo.

Se a urxencia do traballo motivase prolongación do horario de mañá, realizarase aquel en zona de axuda de custos, e percibiráse como extraordinaria a hora e media restante do tempo libre habitual de dúas horas concedido para a comida.

No caso de que unha comida sexa proporcionada pola empresa iso substituirá a percepción de axuda de custos.

Artigo 20º.-Horario.

O horario será o establecido polo calendario laboral en cada centro de traballo. Para a xornada continuada farase unha pausa de 15 minutos.

Artigo 21º.-Cumprimento do horario.

Ó comezo da xeira o persoal deberá atoparse no seu posto de traballo completamente preparado para o desempeño da súa función e deberá permanecer nel ata a hora da saída.

Excepto o persoal expresamente autorizado pola índole do seu traballo, non se poderá saír durante a xornada do centro de traballo sen autorización da xefatura á que se encontre adscrito o/a empregado/a.

Así mesmo tamén se requirirá autorización para abandona-lo posto de traballo e desprazarse polos edificios ou instalacións.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

A prestación de horas extraordinarias rexerase polo disposto nas normas laborais vixentes. Dado o carácter de servicio público que ten a empresa afectada por este convenio, de concorrer circunstancias xustificadas que non permitan a suspensión dun traballo ó termo da xornada laboral, o/a traballador/a poderá prolongala ata a fin do traballo ou ata ser substituído/a por outro/a traballador/a.

Considéranse circunstancias as de forza maior, substitución de persoal, avarías que requiran reparacións urxentes e outras análogas que pola súa natu

reza non se poidan aprazar. A empresa procurará que en tódolos casos en que se poida prever tales necesidades, organiza-lo réxime de traballo de xeito que poidan cubrirse sen necesidade de prolongación forzosa da xornada. No posible procurarase que o/a traballador/a non preste servicios máis de oito horas sen interrupción.

Para efectos de cotización á Seguridade Social, tales horas terán a consideración de estructurais e non entrarán, para efectos de limitación, ó computo das conceptuais coma horas extras.

Artigo 23º.-Traballo por quenda.

Son aqueles que requiran actividade permanente durante as vintecatro horas do día e 365 días ó ano, polo que se establecen quendas de traballo, sen que teñan a cualificación de horas extraordinarias as traballadas en domingo ou festa intersemanal. Porase á disposición do persoal afectado o calendario anual das quendas correspondentes.

As quendas de traballo serán de oito horas diarias.

Artigo 24º.-Vacacións.

a) Os/As traballadores/as do cadro de persoal gozarán dunhas vacacións anuais de trinta días naturais.

b) Aboaránse os días de vacacións de acordo coa retribución diaria que se especifica no artigo 36º deste convenio.

Artigo 25º.-Desfrute das vacacións.

Dentro do primeiro mes do ano, a empresa co comité de empresa acordará o calendario de vacacións, procurando, sempre que as necesidades do servicio o permitan, atende-las peticións que en tal sentido eleven os/as traballadores/as.

Cando coincidan nas mesmas datas as peticións de dous ou máis empregados/as que non se poidan ausentar simultaneamente, o mando ó cargo do devandito servicio ou sección tratará de poñelos de acordo e se non o conseguise terá preferencia o de maior categoría. O dito dereito exercerase de forma rotativa, de maneira que quen o puidese exercer en primeiro lugar un ano, pasará a ocupar no seguinte o último posto da relación de elección prioritaria.

En caso de igualdade de categoría profesional rexerá para os efectos de prelación, a orde de antigüidade na empresa, co mesmo mecanismo có previsto anteriormente.

As vacacións deberán desfrutarse ininterrompidamente. Nembargantes, a empresa poderá recomendar por necesidades da empresa o desfrute fraccionado das vacacións en dous períodos. No dito caso, gratificaráse cun día máis de licencia.

Establécese tamén que, se no desfrute de vacacións coincidira algun festivo local ou nacional, eses días desfrutaranse a maiores.

As vacacións desfrutaranse nos meses de maio a setembro, ambos inclusive. Se por necesidades do servicio isto no fose posible, o/a traballador/a terá

dereito a desfrutar, cando menos, quince días neste período.

Artigo 26º.-Días ponte.

Establécense como días ponte dous durante o ano. Consideraranse para tódolos efectos como festas non recuperables.

O persoal que en réxime de garda non puidera gozar destes días de ponte, non deberá recupera-lo horario traballado neles, e percibirá unha compensación complementaria de 13.469 ptas., por cada día ponte conincidente coa garda.

Os/as traballadores/as en réxime de quenda non terán estes días ponte, nin percibirán horas extraordinarias polo traballo realizado durante eles. Establécese, nembragantes, unha retribución complementaria nestes casos de 9.622 ptas., por cada día ponte non desfrutado.

Para 1998, establécense como días ponte o 20 de marzo e o 9 de outubro.

Artigo 27º.-Festa local tradicional.

O calendario laboral establece a realización de doce festas anuais de carácter nacional e dúas de ámbito local.

Acórdase que a festa local tradicional sexa o Martes de Entroido con carácter non recuperable.

O persoal que en réxime de garda non poida desfrutar desta festa local tradicional, percibirá unha compensación complementaria de 13.469 ptas.

Os/As traballadores/as en réxime de quenda non desfrutará desta festa local tradicional, nin percibirán horas extraordinarias polo traballo realizado durante ela. Establécese, nembargantes, una retribución complementaria nestes casos de 9.622 ptas. pola festa local tradicional non desfrutada.

Ó persoal ó que lle coincida esta festividade con festivo local desfrutará o luns en compensación.

Artigo 28º.-Festividade da patrona.

Establécese como non recuperable o día 1 de xuño, festividade da patrona do servicio de augas, Nosa Sra. da Luz.

Os/as que por necesidade do servicio non poidan desfrutar desta festa, ateranse ó disposto no artigo 26 no relativo á compensación económica por horas de garda feitas ou por réxime de quenda efectuada.

Artigo 29º.-Permisos.

Os permisos que se establecen no artigo 61 da ordenanza laboral e na liña 3 da Lei do Estatuto dos traballadores 8-1-1980, quedarán fixados no xeito seguinte:

a) Matrimonio do/da traballador/a: 20 días

b) Falecemento do cónxuxe ou fillos/as: 5 días

c) Falecemento de irmáns, netos/as ou ascendentes do/da empregado/a ou do seu conxuxe: 3 días, cando o óbito se produza na provincia onde ten o seu centro

de traballo, e 5 días, se ten lugar en calquera outro punto.

d) Falecemento de familiares consanguíneos: 1 día retribuído, se o óbito ten lugar na provincia en que ten o seu centro de traballo, amplíase en 2 máis, non retribuídos, se se produce fóra da devandita provincia.

e) Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, fillos/as, pais/nais, dun ou doutro cónxuxe, netos/as, avós/as ou irmáns: 3 días que se poderán ampliar ata tres máis se o/a traballador/a necesita realizar un desprazamento fóra da provincia en que ten o seu centro de traballo, para tal efecto.

f) Maternidade: 4 días, ampliables en dous máis se o traballador necesitase realizar un desprazamento fóra da provincia en que ten o seu posto de traballo.

g) Traslado de domicilio habitual: 2 días.

h) Exames: os/as traballadores/as inscritos/as en cursos organizados por centros oficiais e recoñecidos polo Ministerio de Educación e Ciencia, para a obtención dun título académico a teor da Lei xeral de educación, terán dereito a un tempo máximo de dez días ó ano para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude e avaliación.

i) Licencias por asuntos propios: 3 días retribuídos, que non se poderán coller unidos ás vacacións. Para desfrutar destes días deberá xustificarse a súa necesidade.

Artigo 30º.-Excedencias.

Os/as traballadores/as cun ano de servicio poderán solicita-la excedencia voluntaria por un prazo mínimo de dous anos, e non superior a cinco anos, e non se computará o tempo que dure esta situación para ningún efecto, e sen que en ningún caso se poida producir nos contratos de duración determinada.

As peticións de excedencia serán resoltas pola empresa no prazo máximo dun mes, tendo en conta as necesidades de traballo e procurando despachar favorablemente aquelas peticións que se funden en terminación de estudios, esixencias familiares e outras análogas.

Cando se produza unha excedencia, se se procede a cubri-la vacante, tanto se é con persoal de novo ingreso ou con persoal xa de cadro de persoal, considerarase que a dita cobertura é provisional e, polo tanto, que o reingreso do excedente leva consigo ou a rescisión do contrato interino ou o reingreso do/da traballador/a do cadro de persoal ó seu posto, lugar e condicións de orixe.

O reingreso nas excedencias é automático. O/a traballador/a deberalle comunicar á empresa o citado reingreso cunha antelación mínima de trinta días antes do seu remate, e volverá entón ocupa-lo mesmo posto e coas mesmas condicións anteriores.

Artigo 31º.-Baixas por enfermidade común e accidente non laboral:

1) Cando por encontrarse enfermo/a non poida un/unha empregado/a asistir ó traballo, deberá den

tro das dúas primeiras horas da súa xeira, poñelo en coñecemento da xefatura á que se encontre adscrito. O incumprimento da dita obriga, da que só quedará eximido por causas de forza maior debidamente xustificadas, facultará á empresa para considerar que a ausencia do traballo non é xustificada. Nembargantes, establécese que a empresa poderá solicitar parte facultativo do médico que atendese o/a empregado/a.

2) Se a duración da enfermidade é superior a dous días naturais, o/a interesado/a deberá obte-la baixa do seu médico de cabeceira e remitirlla ó/á seu/súa xefe/a inmediato/a para que este lle remita ó servicio de persoal correspondente para a súa tramitación.

A non presentación dos partes de baixa faculta, así mesmo, para considera-la ausencia como inxustificada.

Artigo 32º.-Viaxes e desprazamentos.

Rexerá o disposto no artigo 45 da vixente ordenanza laboral, sendo o importe das axudas de custos o sinalado neste convenio.

O desprazamento dun/dunha traballador/a polos medios propios entre os distintos centros de traballo, será compensado co aboamento correspondente en ptas./km feito.

Artigo 33º.-Servicio militar.

Terase en conta o disposto na lexislación vixente.

Capítulo V

Réxime económico

Artigo 34º.-Réxime económico.

O réxime económico que rexerá na empresa e no seu persoal será exclusivamente o que se pacta no articulado deste convenio, sen que existan outras retribucións que non sexan as especificadas neste capítulo, que comprendían tódalas que anteriormente e por tódolos conceptos se satisfacían, e respectaranse, nembargantes, os dereitos adquiridos.

Artigo 35º.-Norma xeral.

As retribucións de calquera carácter pactadas neste convenio, establecidas regulamentariamente ou convidas ben individualmente, ben en grupo, enténdense que, en todo caso, son con carácter bruto, e será por conta do/da empregado/a a retención a conta do imposto de rendemento das persoas físicas, a cota obreira de cotización á Seguridade Social e calquera outra carga que exista ou poida legalmente establecerse sobre o salario.

As retribucións a que fai referencia o parágrafo anterior son fixadas en razón da xornada completa de traballo.

En consecuencia, o persoal que teña establecido un réxime de traballo de parte da xornada, percibirá as indicadas retribucións en proporción á xornada semanal que realice, comparada coa xornada completa correspondente á sua categoría laboral.

Artigo 36º.-Táboa de retribucións.

A táboa de retribucións é a desagregación mensual por conceptos do nivel de retribucións por categoría.

O resto das retribucións para o cálculo do bruto anual, calcúlase de acordo cos distintos conceptos e porcentaxes que aparecen descritos no presente convenio.

Artigo 37º.-Niveis de retribución anual.

1) Niveis anuais de retribucións por categoría:

O dito nivel, en cómputo anual, é o salario base e a participación en beneficios que del derivase.

No anexo I deste convenio detállase por cada categoría o nivel anual de retribucións que lle corresponde.

2) Nivel anual de retribución individual: é o resultado de lle engadir ó nivel de retribución que por categoría lle corresponda a un/unha empregado/a, o cómputo anual do premio de antigüidade.

Artigo 38º.-Retribución diaria.

Para efectos de aboamentos ou deduccións, considérase como retribución diaria a trintava parte dos haberes fixos mensuais, salario base mensual e maila antigüidade, e beneficios que teña recoñecidos cada empregado/a.

Artigo 39º.-Salario base.

A columna primeira do anexo do presente convenio terá o carácter de salario base, de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores. O salario base percibirase nas doce pagas ordinarias e nas catro extraordinarias.

Artigo 40º.-Antigüidade.

O premio de antigüidade terá carácter de complemento persoal de acordo co establecido no parágrafo A do artigo 5 do Decreto do 17-8-1973, e calcúlase segundo a ordenanza laboral vixente.

As porcentaxes que se establecen son:

1) 2% durante os 10 primeiros anos.

2) 1% a partir deles.

Artigo 41º.-Participación de beneficios.

Ten carácter de complemento salarial, de acordo co Estatuto dos traballadores. Consistirá nun quince por cento do salario base mensual e maila antigüidade mensual que en cada momento acredite o/a traballador/a atendida a súa categoría e data de ingreso, e percibirase nas doce mensualidades.

Artigo 42º.-Complementos persoais.

O complemento persoal ten carácter de complemento salarial, de acordo co Estatuto dos traballadores.

O complemento persoal de cada empregado/a queda consolidado na súa contía sen prexuízo do disposto no artigo 7º deste convenio e salvo que se pactase por escrito o contrario entre a empresa e o/a empregado/a. Da concesión ou mellora destes complementos pasarase información ó comité de empresa.

O complemento persoal percibirase nas doce mensualidades ordinarias.

Durante a vixencia deste convenio non sufrirá, en xeral, ningún incremento.

Artigo 43º.-Plus de traballos de quenda.

O persoal cualificado de quenda percibirá mentres realice tal réxime de traballo un plus cunha contía mensual que será do 15% do salario mensual, que resulte por cada traballador/a, a teor da súa categoría e data de ingreso na empresa. O dito plus percibirase nas doce mensualidades ordinarias e nas catro extraordinarias.

O plus por traballos de quenda ten carácter de complemento salarial de acordo co disposto no Estatuto dos traballadores.

Os/as traballadores/as que traballen baixo este réxime e que lles corresponda traballa-las noites do 24 e 31 de decembro percibirán unha gratificación de 11.107 ptas., por cada unha das noites.

Artigo 44º.-Plus de garda.

Establécense dous tipos de garda:

a) A garda de presencia no posto de traballo, como unha xornada laboral máis, que se retribuirá a 15.550 ptas.

b) A garda de localización semanal, que se retribuirá a 11.453 ptas.

A garda de localización farase de luns a domingo, ou de venres a xoves, segundo a explotación, e a contía que se establece compensa a dispoñibilidade do persoal de garda durante o tempo de duración dela.

Dotarase dos medios técnicos necesarios, teléfono móbil ou busca, para facilita-la localización do persoal de garda.

Os traballos que son realizados polo persoal de garda de carácter permanente, controis rutineiros de lecturas, comprobación de niveis de depósitos, lectura de contadores e consumo enerxético, labores de cloración, etc., procuraranse realizar dentro da xornada habitual de traballo; no caso de non ser posible remunerarase o tempo utilizado nestes trabalos de luns a venres, a razón do importe da hora ordinaria de traballo. As fins de semana aboarase o tempo que exceda dunha hora o sábado e outra o domingo. Para 1999 suprimiranse as dúas horas da fin de semana, polo que se aboará a totalidade do tempo utilizado para estes traballos en tódolos días de duración da garda.

O tempo empregado para a reparación de avarías, fóra da xornada habitual de traballo, será remunerado como horas extras no importe que se establece no artigo 52º do presente convenio colectivo.

Artigo 45º.-Plus de traballos nocturnos.

O plus consistirá nun complemento de remuneración equivalente ó 20 por cento da base individual da hora extraordinaria por cada hora ordinaria traballada en período nocturno.

Este plus percibirase polas horas ordinarias traballadas, por canto respecto das extraordinarias xa se incluíu o seu importe no recargo da hora e en todo o non previsto neste artigo rexerase pola ordenanza laboral vixente.

O plus de traballo nocturno ten o carácter de complemento salarial, de acordo co Estatuto dos traballadores. Non será aboable os/as traballadores/as en réxime de garda e quenda.

Artigo 46º.-Retribución a tanto alzado por prolongación de xornada, dispoñibilidade nocturna ou festivo.

Cando polas circunstancias específicas que concorran no posto de traballo sexa aconsellable que, con certa asiduidade, o/a empregado/a que o desempeña en xornada ordinaria a prolongue con horario extraordinario, co traballo en festivos poderá convirse unha retribución a tanto alzado da xornada extraordinaria que se deberá documentar por escrito. Ó vencemento do prazo poderán libremente ámbalas dúas partes optar ou non pola renovación e quedarán neste último caso libres das obrigas que contraesen.

Á entrada en vigor do presente convenio respectaranse na súa contía as retribucións a tanto alzado que, polos conceptos indicados, poida ter algún/algunha empregado/a.

O persoal da primeira e segunda categoría dos grupos técnicos e administrativos teñen xa incluído no seu nivel de retribución a compensación a que fai referencia o presente artigo.

Artigo 47º.-Plus de transporte.

Establecése, para tódolos/as traballadores/as e categorías, un plus de transporte de 700 ptas. O dito plus percibirase nas 12 mensualidades ordinarias.

Artigo 48º.-Importe das axudas de custo.

Terase en conta o disposto no artigo 45º da vixente ordenanza laboral, e percibiranse os seguintes importes:

a) Xantar ou cea: 1.330 ptas.

b) Aloxamento e almorzo: 3.685 ptas.

c) Quilometraxe: 34 ptas./quilómetro.

O/A traballador/a poderá optar entre a percepción das cantidades neste artigo reflectidas ou polo aboamento por parte da empresa dos gastos xustificados de comidas e estadía.

Artigo 49º.-Plus por traballos tóxicos.

O plus por traballos tóxicos previsto pola vixente ordenanza laboral fíxase nun 20 por cento do salario base do/da empregado/a que realice o traballo, dispoñendo de tódalas medidas de seguridade á hora de realiza-lo traballo.

Percibirán o dito plus, logo de consultar á delegación provincial de Traballo, aqueles/as traballadores/as que traballen en ambientes tóxicos. O dito

plus non se percibirá sistematicamente senón só naqueles traballos ou quendas en que se efectúen cambios de container ou botellón de cloro, purga de decantadores, preparación de hipoclorito, limpeza de depósitos con ambiente de cloro.

Queda excluída a manipulación ou dosificación do hipoclorito ou axuste das dosificacións de aparellos dosificadores ou controladores de gas, etc., e todas aquelas operacións nas que o/a operario/a aínda dunha forma externa, sen penetrar no ambiente do gas en cuestión.

O plus por traballos tóxicos ten carácter de complemento salarial, de acordo co parágrafo B do artigo 5 do Decreto do 17 de agosto de 1973.

Artigo 50º.-Plus por traballos penosos.

O persoal que preste servicios nos camións e patrol da brigadas de saneamento percibirán en concepto de plus por traballos penos a cantidade de 2.000 ptas. mensuais.

Este plus tamén será percibido polo persoal que preste servicios nas plantas depuradoras de residuais e que non perciban o plus de tóxicos.

Artigo 51º.-Gratificacións extraordinarias.

Cada unha das catro gratificacións extraordinarias que establece a vixente ordenanza laboral, consistirán no importe dunha mensualidade do salario base e antigüidade.

Os/as traballadores/as en réxime de quenda percibirán tamén en cada gratificación extraordinaria, o importe mensual do plus de traballo por quenda, que teñan recoñecido. As datas de cobro das gratificacións extraordinarias, serán:

a) O penúltimo día laboral do mes de marzo.

b) O penúltimo día laboral do mes de xuño.

c) O penúltimo día laboral do mes de setembro.

d) O día 20 de decembro.

As gratificacións extraordinarias terán carácter de complemento salarial de acordo co disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 52º.-Valor das horas extraordinarias.

As horas extraordinarias remuneraranse co recargo do 75 %, 100% e 125%, sobre o valor da hora ordinaria, tal como se establece na normativa vixente, se as mesmas se realizan ata as 21 horas dun día laborable, de 21 horas ás 9 horas, e en festivos ou fins de semana, respectivamente.

Artigo 53º.-Compensación por traballos de superior categoría.

Cando de acordo co Estatuto dos traballadores, se presten con carácter temporal traballos de superior categoría á que ostenta un/unha traballador/a, este/a percibirá en tanto permaneza na dita situación unha remuración ou compensación equivalente ó importe diario da diferencia que no salario base e beneficios do salario base, exista entre a categoría

que ostenta e a correspondente ós salarios da que temporalmente realiza. Se un/unha traballador/a durante un período superior a catro meses ininterrompidos ou durante doce meses alternos nun período de dous anos, realizase traballos de categoría superior á que ten recoñecida, procederase de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 54º.-Quebranto de moeda.

Para os/as empregados/as que exerzan funcións que requiran o manexo de diñeiro en metálico ou talóns bancarios, sempre e cando o/a empregado/a sexa responsable do depósito dos fondos, fíxase a cantidade de 27.769 ptas.

Artigo 55º.-Pagamento de salarios.

O salario base, a antigüidade, a participación en beneficios, e o complemento persoal pagaranse o penúltimo día laborable do mes do seu devengo.

Artigo 56º.-Incremento salarial.

Os incrementos salariais para o ano de vixencia do convenio será de 2.400 ptas., lineais, sobre o salario base, para tódalas categorías.

Capítulo VI

Anticipos, préstamos e outras axudas

Artigo 57º.-Anticipos.

A empresa, por instancia dos/as traballadores/as, poderá anticipar sumas que non exceda do 75 por cento do haber mensual, que deberán ser deducidos dos haberes correspondentes ó mes seguinte no que se fixo o anticipo.

Artigo 58º.-Préstamos para adquisición de vivenda.

A empresa poderalle conceder ó seu persoal préstamos para a adquisición dunha vivenda distinta á que actualmente estea ocupando o/a empregado/a e que resulte insuficiente ou insalubre, ou para a adquisición dunha vivenda propia, no caso de estar como inquilino.

Artigo 59º.-Préstamos para atencións diversas.

Os/As traballadores/as poderán solicitar por circunstancias de carácter familiar ou persoal, a concesión de préstamos sempre que acrediten a realidade dun desembolso, a súa necesidade, ou ben dificultades económicas de carácter imprevisto.

Artigo 60º.-Contía dos préstamos.

A contía máxima dos préstamos será a seguinte:

1. Para a adquisición de vivenda: 1.500.000 ptas.

2. Para atencións diversas: 400.000 ptas.

Artigo 61º.-Condicións para a concesión dos préstamos.

Para optar á concesión dos préstamos, o/a empregado/a que o solicite debe ter unha antigüidade mínima de dous anos na empresa. Ademais debe estar como empregado/a con carácter fixo.

Terán preferencia á hora da concesión dos préstamos aqueles/as traballadores/as que non tiveran feito uso deste dereito con anterioridade.

O saldo que en cada momento se lle deba á empresa polos diversos préstamos concedidos, non poderá ser superior a 15.000.000 de ptas. Establécese un fondo de 15.000.000 de ptas. para vivenda, e de 5.000.000 de ptas. para atencións diversas.

A concesión de tales préstamos farase logo de informe da representación dos/as traballadores/as legalmente constituída na empresa.

Artigo 62º.-Prazos e forma de amortización.

Os préstamos concedidos amortizaranse mediante a deducción mensual dos haberes do/da traballador/a dunha cantidade fixada en atención á contía e prazo de amortización.

O prazo máximo para a amortización do préstamo vivenda será de cinco anos e tres anos para o de atencións diversas.

O/A traballador/a voluntariamente poderá anticipa-la devolución do préstamo.

Artigo 63º.-Xuros.

Os préstamos que se soliciten dentro da vixencia do presente convenio producirán uns xuros do 3%, manténdose o tipo de xuros dos créditos en curso.

Artigo 64º.-Incompatibilidade.

É común a toda clase de préstamos que mentres non se amortizase un préstamo outorgado, a empresa poida nega-la concesión doutro novo.

Artigo 65º.-Socorro de falecemento.

En caso de falecemento dun/dunha traballador/a a empresa aboaralles ós/ás sucesores/as segundo dereito, un importe equivalente a seis mensualidades do salario percibido no mes anterior ó seu falecemento.

En caso de falecemento da esposa ou fillos/as dun/dunha traballador/a, a empresa aboaralle a cantidade de 60.000 ptas. para gastos de funerais.

Artigo 66º.-Cesta do Nadal.

Con motivo das festas do Nadal a empresa obsequiará os/as traballadores/as cunha cesta con surtidos navideños, por un valor de 3.500 ptas. Crearase unha comisión entre a representación da empresa e a dos/as traballadores/as o fin de estudia-los orzamentos facilitados polas empresas subministradoras.

Capítulo VII

Réxime asistencial

Artigo 67º.-Concepto de réxime asistencial.

O réxime asistencial que se pacta neste convenio colectivo é o conxunto de medidas que complementan a acción protectora do réxime xeral da Seguridade Social ós/ás traballadores/as que prestan os seus servicios á empresa.

Artigo 68º.-Natureza do réxime asistencial.

O réxime asistencial que se pacta no presente convenio ten a natureza de mellora voluntaria da acción protectora do réxime xeral da Seguridade Social.

Artigo 69º.-Mellora das prestacións por incapacidade laboral transitoria.

No caso de incapacidade laboral transitoria, debidamente acreditada pola Seguridade Social, derivada tanto de accidente de traballo ou enfermidade profesional, como por enfermidade común ou accidente non laboral, o/a traballador/a percibirá o 100% do salario fixo que percibe no momento de se produci-la baixa.

Artigo 70º.-Recoñecemento médico.

No prazo máximo de tres meses, contados a partir da aprobación deste convenio pola autoridade laboral, a empresa proporalle á representación dos/das traballadores/as legalmente constituída, os períodos dentro dos que deberá afectuarse o recoñecemento médico anual obrigatorio correspondente ó ano en curso, séndolle facilitado a cada empregado/a un resumo do dito recoñecemento. O recoñecemento terá carácter obrigatorio.

Artigo 71º.-Seguro de vida colectivo.

Continúa o seguro de vida colectivo pactado no anterior convenio, e será por conta da empresa o pagamento da súa prima total, de acordo coas condicións que sexan establecidas pola compañía de seguros na póliza que se vai contratar.

As cantidades que se fixarán en cada caso dos que a seguir se mencionan son as seguintes:

a) Morte natural, ata o límite dos 65 anos de idade, 600.000 ptas., que se lles aboarán ós/ás beneficiarios/as que libremente designe o/a asegurado/a, inmediatamente despois de ocorre-lo falecemento.

b) Morte por accidente, ata o límite dos 65 anos de idade, 2.000.000 de ptas., que se lles aboarán ós/ás beneficiarios/as que libremente designe o/a asegurado/a, inmediatamente despois de ocorre-lo falecemento.

c) Morte por accidente de tráfico, ata o límite dos 65 anos de idade, 2.500.000 ptas., que se lles aboarán ós/ás beneficiarios/as libremente designados polo/a asegurado/a, inmediatamente despois de ocorre-lo falecemento.

d) Invalidez total absoluta ou permanente, ata o límite dos 65 anos de idade, 600.000 ptas. que se lle aboarán ó/á traballador/a ó se declara-la invalidez citada.

e) Invalidez total absoluta e permanente derivada de accidente, sexa laboral ou non, ata o límite dos 65 anos de idade, 700.000 ptas. que se lle aboarán ó/á traballador/a ó se declara-la invalidez citada.

Artigo 72º.-Vinculación ó seguro de vida.

O seguro de vida ó que se refire o artigo precedente, vincúlase á permanencia do/da asegurado/a na

empresa. O cesamento nela, por calquera motivo, dará orixe á baixa do productor na póliza deste seguro, sen que polo tanto este conserve dereito para percibi-lo importe do capital no seu día garantido.

Artigo 73º.-Difusión do convenio.

Cando este convenio sexa aprobado pola autoridade laboral, entregaráselle un exemplar del a cada empregado/a.

Artigo 74º.-Claúsula de absorción.

O réxime económico pactado no presente convenio colectivo e valorado no seu cómputo anual, absorberá automaticamente, ata onde alcance, todo aumento de salario ou precepción directa ou indirectamente salarial que se poida establecer, durante a súa vixencia, por disposición legal ou regulamentaria.

Artigo 75º.-Prelación de normas.

Este convenio prevalecerá sobre disposicións reguladoras do salario da vixente ordenanza laboral e doutras disposicións de carácter laboral, que se rexerán en convenio, ou que non se opoñan ó expresamente pactado nel. Todo iso por canto o presente convenio constitúe unha fonte xurídica en sentido propio e de dereito preciso, con forza legal de obrigatoriedade, sempre e cando non se vulneren preceptos de dereito necesario absoluto.

Artigo 76º.-Adscrición do persoal.

Se rematase a concesión do servicio por calquera dos concellos que a empresa ten en toda Galicia, os/as traballadores/as de Aquagest S.A., pasarán a estar adscritos ó novo titular da concesión -salvo renuncia expresa do/da traballador/a- que se subrogará en tódolos dereitos e obrigas do anterior adxudicatario verbo dos/as traballadores/as, calquera que sexa a situación na que se atopan e a modalidade dos seu contrato de traballo, agás aqueles/as traballadores/as que foran incorporados/as dentro dos

últimos catro meses, se a dita incorporación non se debe a ampliación da contrata ou a unha esixencia expresa do cliente.

Artigo 77º.-Dereitos sindicais.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 78º.-Subas.

A suba salarial recollida neste convenio aplicarase sobre a totalidade dos conceptos salariais, a excepción do complemento persoal recollido no artigo 43º do presente convenio.

Disposición transitoria

Os atrasos que se puidesen producir desde a vixencia deste convenio ata a súa publicación, deberán facerse efectivos dentro dos sesenta días seguintes á data da súa sinatura.

-Partes asinantes:

As partes asinantes do presente convenio son:

En representación da empresa:

-Tomás Pérez Pinto.

-Juan M. Salvador Sánchez.

En representación dos traballadores:

-Celestino Alonso García.

-Francisco Ayaso Bretal.

-Alberto Codesido Mosquera.

-Alberto Delgado Varela.

-José R. Ferreiro Vázquez.

-José C. Filgueira Solla.

-José Maceiras Vázquez.

-José Luis Míguez Rey.

-Camilo Mora Rey.

-Óscar Sánchez Yáñez.

-Manuel Silva Caride.

-Alfredo Santomil García (asesor sindical da CIG).

ANEXO I

1998

Grupo/categoríaSal. baseSal. anual

Grupo 1. Persoal titulado e técnico
Titulados/as de grao superior con xefatura172.8713.077.104
Titulados/as de grao superior154.3572.747.555
Titulados/as de grao medio con xefatura de servicio136.8032.435.093
Topógrafos/as de 1ª, delineante-proxectistas, encargados/as de sección124.9212.223.594
Topógrafos/as de 2ª, delineantes, analistas112.6722.005.562
Auxiliares técnicos/as104.1611.854.066

Grupo 2. Persoal administrativo
Xefes/as de grupo153.0862.724.931
Xefes/as de sección ou negociado135.7292.415.976
Xefes/as de delegación, subxefes/as de sección, analistas de aplicacións125.1422.227.528
Oficiais de 1ª, programadores/as113.5182.020.620
Oficiais de 2ª, operadores/as de ordenador108.9411.939.150
Auxiliares administrativos/as103.7921.847.498
Encargados de cobradores/as, encargados/as de lectores/as encargados/as de almacén, inspectores/as de subministracións101.0051.797.889
Lectores/as, cobradores/as, almaceneiros/as99.8351.777.063

Grupo/categoríaSal. baseSal. anual

Grupo 3. Persoal obreiro
Capataces, encargados/as de taller, grupo ou estación; montadores/as, mecánicos, electricistas114.5532.039.043
Subcapataces, inspectores/as de instalación113.7042.023.931
Oficiais de 1ª112.4822.002.180
Oficiais de 2ª106.0961.888.509
Oficiais de 3ª99.5801.772.524
Peóns especialistas97.3591.732.990
Peóns95.4701.699.366
Aprendices49.715884.927

Grupo 4. Persoal subalterno
Persoal de limpeza95.2261.695.023

3456