Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.397

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 7 de abril de 1998 pola que se amplía o catálogo autonómico de materiais de base para os materiais forestais de reproducción relativo á especie Pinus Pinaster Ait.

A Orde do 3 de agosto de 1994 pola que se regula a comercialización de materiais forestais de reproducción en Galicia estableceu a regulación para a Comunidade Autónoma de Galicia do uso de materiais de reproducción de calidade xenética e exterior coñecidas e axeitadas, co fin de incremanta-la capacidade productiva, a sanidade e bondade dos productos das masas forestais e preserva-la variabilidade xenética das especies arbóreas e arbustivas. Co dito fin determinábanse aqueles materiais reproductores que estaban suxeitos á regulamentación establecida na orde, entre os que se encontran os materiais de reproducción de Pinus Pinaster Ait.

Posteriormente, pola Orde do 4 de novembro de 1997 publicouse o catálogo autonómico de materiais de base para os materiais forestais de reproducción relativo á especie Pinus Pinaster Ait que se pretende completar coa presente orde.

Por todo iso, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de regulación da Xunta e do seu presidente e o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e atribúe a esta entre outras, as competencias de ordenación, fomento e mellora da producción, industrialización e comercialización forestal,

DISPOÑO:

Artigo único.-O catálogo autonómico de materiais de base para os materiais de reproducción da especie Pinus Pinaster Ait aprobado por Orde do 4 de novembro de 1997, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, amplíase cos rodais establecidos no anexo da presente disposición.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1998.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Catálogo dos materiais de base de Pinus Pinaster Ait.

Rexión de procedenciaNome de localizaciónLonxitude UTMxLatitude

UTMy

Altitude

metros

Categoría do

material de

reproducción

Natureza do material de baseAutenticidade do material de baseSuperficie hectáreas

Galicia costaXinzo538,34671,3100SRSA4,1

Galicia costaArentei537,94658,150SRSA2,6

Galicia costaCorcubión483,74753,495SRSA1,3

Galicia costaFisterra479,54754,2100SRSA1,1

Galicia costaTeo535,54734,3175SRSA1,5

Galicia costaBeade525,74670,0375SRSA30

Galicia costaCorcubión483,44753,070SRSA1,0

Nota:

S: material forestal de reproducción seleccionado.

RS: rodal selecto.

A: autóctono.

4157