Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/139-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de A Pousa, Outarelo e Vilanova.

Situación: Xunqueira de Ambía.

Descricións técnicas: liña aérea a C.T. aéreo proxectado de Outarelo, de 20 kV, conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 9 de a L.M.T. aérea proxectada a C.T. aéreo de Armariz e remata no C.T. aéreo de Outarelo. Centro de transformación de Outarelo, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión aérea de Outarelo e Vilanova, con conductor tipo R.Z. e 745 m de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 11 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3561