Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/137-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., R.B.T. Vieite.

Situación: Leiro.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. Vieite, de 20 kV, conductor LA-56, de 428 m de lonxitude, apoios tipo 2h e 1 m, con orixe en apoio nº 5 tipo C-2.000 da L.M.T. ó C.T. Beiro e remate no C.T. existente en Vieite. R.B.T. aérea do C.T. Vieite, de 1.865 m de lonxitude, conductor tipo R.Z. e apoios tipo 20h e 1 m.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 11 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3566