Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/140-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. Circunv. Francisco Rey.

Situación: Celanova.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea, a 20 kV, conductor tipo R.H.V.-12/20 kV, de 710 m de lonxitude, con orixe nun apoio de derivación ó C.T. Filgueira existente, o que se modifica instalándose nun edificio prefabricado tipo uniblock, con trafo de 630 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V e remata no C.T. existente na rúa Doutor Francisco Rey.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3562