Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de abril de 1998 pola que se lle outorga a Depuradora Grovense de Moluscos, S.A. (Degromosa), permiso de actividade para centro de expedición en San Vicente-O Grove (Pontevedra).

Visto o expediente iniciado por instancia de María Eugenia Pérez de la Fuente, como representante da empresa Demogrosa, no que solicita permiso de actividade para centro de expedición nas instalacións que a citada empresa posúe en San Vicente o Grove, autorizadas como estación depuradora.

Tendo en conta que se procedeu á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101/1993), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142/1997) e demais lexislación concordante.

Vistos os informes que constan no expediente, así acomo a proposta da Delegación Territorial de Pon

tevedra do 6-11-1997, logo do informe do Servicio Técnico Xurídico, esta consellería, resolve:.

Outorgarlle á Depuradora Grovense de Moluscos, S.A. (Degromosa), NIF 36003713A, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun centro de expedición de moluscos, nas instalacións autorizadas á citada empresa como estación depuradora por orde ministerial de 6-11-1969, no lugar de Balea-San Vicente, concello do Grove (Pontevedra).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: o permiso de actividade, que terá vixencia desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia hasta o 6-11-1999, poderá ser prorrogado discrecionalmente, por prazos iguais ós da estación depuradora, por petición do interesado presentada nos sesenta días anteriores ó fin da vixencia.

Segunda: a presente autorización non implica modificación na estructura, distribución da nave, nin do dominio público marítimo-terrestre ocupado, sinalados na orde de outorgamento da estación depuradora.

Terceira: o permiso de actividade a que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, e no artigo 6 do Decreto 193/1997, do 5 de xuño, sinalados.

Cuarta: o establecemento cumplirá as condicións establecidas no Real Decreto 308/1993, do 26 de febreiro (BOE nº 76/1993) polo que se aproba a regulamentación técnico sanitaria que fixa as normas aplicables á comercialización de moluscos bivalvos vivos e demais lexislación aplicable a este tipo de establecementos.

Quinta: o outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións que de acordo coa lexislación vixente sexan procedentes.

Sexta: o interesado xustificará o aboamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniales e actos xurídicos documentados), ou acreditará a declaración de non estar suxeito o acto a tal imposto, feita pola Delegación de Facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1998.

Amancio Landín Jaraiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

3590