Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998 pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso, procedemento aberto e polo trámite de urxencia, do servicio para a realización dos traballos consistentes no desenvolvemento do plan de comunicación cesamento anticipado na explotación de leite.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso, procedemento aberto e polo trámite de urxencia:

-Obxecto: contratación do servicio para a realización dos traballos consistentes no desenvolvemento do plan de comunicación cesamento anticipado na explotación de leite, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para el.

Orzamento de licitación: dezasete millóns de pesetas (17.000.000 de ptas.).

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: durante o mes de xuño de 1998.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de pro

posicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 26 de maio de 1998.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 28 de maio de 1998, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

3813