a) Asistencias técnicas:
1. Asistencia técnica redacción do proxecto da construcción, incluído cartografía da estrada AC-141 e AC-142 Cabanas-A Capela-Goente.
Clave: AC/98/59G202-1.
Orzamento: vinteseis millóns cincocentas corenta e cinco mil noventa e dúas pesetas (26.545.092 ptas.).
Prazo de execución: 10 meses.
A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.
A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante copias autenticadas das titulacións especificadas no prego de prescricións técnicas particulares para o delegado do consultor e para o persoal facultativo mínimo indicado nel.
Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo II, subgrupo 3, categoría b, a súa entrega da mesma ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados anteriormente.
2. Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo, impacto ambiental, proxecto de construcción da nova estrada Meirama A-6 (enlace Culleredo).
Clave: AC/98/61V204-1.
Orzamento: vinteoito millóns seiscentas unha mil oitocentas oitenta e oito pesetas (28.601.888 ptas.).
Prazo de execución: 10 meses.
A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.
A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante copias autenticadas das titulacións especificadas no prego de prescricións técnicas particulares para o delegado do consultor e para o persoal facultativo mínimo indicado nel.
Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo II, subgrupo 3, categoría b, a súa entrega da mesma ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados anteriormente.
(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edificios Administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores:
Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición:
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:
As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que no coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións:
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que no coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
g) Documentos que deben presenta-los licitadores:
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 1998.
P.D.(Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda
9783