Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da canteira de filitas vermellas denominada Carbedo, da provincia de Lugo.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite

de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude canteira de filitas vermellas denominada Carbedo, situada en terreos da parroquia de San Xoán de Lóuzara, concello de Samos, provincia de Lugo, e solicitado por Filitas de Samos, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da Delegación Provincial de Industria correspondente, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3446