Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1998 pola que se anuncia, polo trámite de urxencia, a licitación da asistencia técnica ó proxecto de construcción, incluída cartografía da vía rápida desde a PO-300 Cambados a Vilagarcía de Arousa (clave N/PO/95.8).

Concurso con procedemento aberto.

Orzamento: 39.148.144 ptas.(trinta e nove millóns cento corenta e oito mil cento corenta e catro pesetas).

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios Administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: (981)54 49 86, telefax nº: (981) 54 45 29.

2. Lugar de execución.

Comunidade Autónoma de Galicia, provincia de Pontevedra.

3. a) Posibilidade de que, conforme as normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión.

A indicada no parágrafo 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

b) Referencia da devandita norma legal, regulamentaria ou administrativa.

Prego de prescricións técnicas particulares.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación do persoal responsable da execución do servicio.

É a indicada no parágrafo 15 deste anuncio.

4. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

5. Variantes.

Os licitadores poderán presentar, se o coidan conveniente, unha variante ou alternativa que, sen alterar substancialmente o prego de prescricións técnicas particulares, o mellore.

6. Prazo de execución do contrato.

10 meses.

7. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o indicado no apartado número 1.

b) Prazo de presentación de ofertas: 29 de xuño de 1998.

8. a)Persoas admitidas a asistiren á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 9 de xullo de 1998, ás 11 horas.

9. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dispensada en virtude do artigo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro de medidas fiscais, administrativas e da orde social pola que se modifica o artigo 36.2º da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (1.565.926 ptas.).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

10. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase a tanto global segundo o establecido no parágrafo 12 do prego de prescricións técnicas particulares.

11. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das admi

nistracións públicas e normativa de desenvolvemento.

12. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no el prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

14. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante copias autenticadas das titulacións especificadas no prego de prescricións técnicas particulares para o delegado do consultor e para o persoal facultativo mínimo indicado nel.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo II, subgrupo III, categoría b, a aportación dela ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados nos dous parágrafos anteriores.

16. Data de envío do anuncio.

8 de maio de 1998.

17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

8 de maio de 1998.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1998.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4422