Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, da asistencia técnica de clave AC/98/60G12-1.

a) Asistencia técnica:

Asistencia técnica para a redacción do proxecto da obra de desdobramento do corredor CR-G.1.1 de Catabois a Igrexafeita.

Clave: AC/98/60G12-1.

Orzamento: dezaseis millóns cincocentas sesenta e oito mil novecentas corenta e unha pesetas (16.568.941 ptas.).

Prazo de execución: 10 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante copias autenticadas das titulacións especificadas no prego de prescricións técnicas particulares para o delegado do consultor e para o persoal facultativo mínimo indicado nel.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo II, subgrupo 3, categoría a, a súa entrega ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados anteriormente.

(Declarada urxente consonte o artigo 72 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse

por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que no coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que no coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1998.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4389