Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a adquisición de productos cárnicos e outros (C.P. 116/1998).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: productos cárnicos e outros.

Orzamento: 25.696.150 ptas.

Garantía provisional: 513.923 ptas.

Lote 1: xamón fresco, lacón fresco, cinta lombo, etc.

Orzamento: 1.532.850 ptas.

Garantía provisional: 30.657 ptas.

Lote 2: xato contra, xarrete, faldra sen óso, etc.

Orzamento: 5.730.000 ptas.

Garantía provisional: 114.600 ptas.

Lote 3: corte redondo, xato lonxa, xato boliche, etc.

Orzamento: 5.901.500 ptas.

Garantía provisional: 118.030 ptas.

Lote 4: chourizo para potaxe, chourizo barra, xamón cocido, etc.

Orzamento: 3.176.000 ptas.

Garantía provisional: 63.520 ptas.

Lote 5: polo limpo, peituga de polo, etc.

Orzamento: 2.580.000 ptas.

Garantía provisional: 51.600 ptas.

Lote 6: ovos de 70 a 80 gr.

Orzamento: 304.800 ptas.

Garantía provisional: 6.096 ptas.

Lote 7: coello, pezas de 1 a 1,2 kg.

Orzamento: 544.000 ptas.

Garantía provisional: 10.880 ptas.

Lote 8: ovo líquido pasteurizado (envases 1 e 10 litros).

Orzamento: 1.674.000 ptas.

Garantía provisional: 33.480 ptas.

Lote 9: aceite xirasol e de oliva.

Orzamento: 2.590.000 ptas.

Garantía provisional: 51.800 ptas.

Lote 10: margarina e manteiga.

Orzamento: 1.019.000 ptas.

Garantía provisional: 20.380 ptas.

Lote 11: garavanzos, fabas brancas, fabas pintas e lentellas.

Orzamento: 258.000 ptas.

Garantía provisional: 5.160 ptas.

Lote 12: arroz gran enteiro e vaporizado.

Orzamento: 386.000 ptas.

Garantía provisional: 7.720 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: segundo anexo II (calendario de entregas).

Admisión de variantes: admítese ata 1 variante.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artígos: 20%.

Servicio da subministración: 20%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coru

ña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 5 de maio de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

4345