Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Maritimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a adquisición de víveres conxelados (C.P. 115/1998).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: víveres conxelados.

Orzamento: 17.721.500 ptas.

Garantía provisional: 354.430 ptas.

Lote 1: acelga folla, coles bruxelas, coliflor, etc.

Orzamento: 2.757.000 ptas

Garantía provisional: 55.140 ptas.

Lote 2: bacallao peza Ent., bertorella, lura vaina, etc.

Ozamento: 14.964.500 ptas.

Garantía provisional: 299.290 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: segundo anexo II (calendario de entregas).

Admisión de variantes: admítese ata 1 variante.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio da subministración: 20%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo o Hospital Juan Canalejo), as Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta

resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 5 de maio de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

4325