Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 339 que afecta ós montes Leiro, Toxa, Atrema e Cotro, da parroquia de Leiro, concello de Rianxo, desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 28 de novembro de 1997, adoptóu o seguinte acordo:

«Reunido o 28 de novembro de 1997 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, coa asistencia do vicepresidente Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais Andrés López-Suevos Fernández, xefe do Servicio de Montes e I.F., Alfonso Vázquez-Castro Garma, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta de Galicia, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común, e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-los

Expediente: 339.

Monte: Leiro, Toxa, Atrema e Cotro.

Lugares: parroquia de Leiro.

Concello: Rianxo.

Antecedentes de feito

1º Diversos veciños da parroquia de Leiro, concello de Rianxo, solicitaron con data 8-5-1996 deste xurado, a declaración como veciñal do expresado lugar, de parte do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 104,16 ha.

Estremas:

1. Monte Leiro: procede do monte Leiro, nº 350 do CUP. Parcela I. Cunha superficie de 97,87 ha.

Norte: do piquete nº 391 ó 456 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares. Do 456 ó 459 seguindo a orde de piquetes, e deste ó 1, co monte Quintáns, da parroquia de Isorna. Leste: do piquete 1 ó 29 seguindo a orde de piquetes, co monte Palleiro e outras propiedades particulares. Sur: do piquete 29 ó 277 seguindo a orde de piquetes, coa ría de Arousa e propiedades particulares. Oeste: do piquete 277 ó 391, con propiedades particulares.

Parcela II. Cunha superficie de 3,90 ha.

Norte: do piquete 460 ó 482 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares. Leste: do piquete 482 ó 485 seguindo a orde de piquetes, coa ría de Arousa. Sur: do piquete 485 ó 492 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares. Oeste: do piquete 492 ó 512 seguindo a orde de piquetes, e deste ó 480, con propiedades particulares.

2. Monte Toxa de Palleira. Situado ó sur do monte Leiro. Cunha superficie de 0,26 ha.

Norte: propiedades particulares de Serafín Rubio Vázquez, Josefina Vicente Vicente, Mercedes Vicente Peiteado, Hdros. de Manuel Rial Rodríguez, Manuela Rubio Vázquez, Hdros. de José Mato e outros. Leste: propiedade de Carmen García. Sur: propiedades de José Viana Mato. Oeste: estrada de Leiro a Ponte Catoira.

3. Monte Atrema. Situado ó sur do monte Leiro. Cunha superficie de 0,82 ha.

Norte: en parte, estrada de Leiro a Ponte Catoira, e en parte, propiedades particulares de Manuel Ageitos Campos, Matilde Losada, Hdros. de Francisco Figueira Losada e outros. Leste: en parte, propiedades particulares de José Vidal Vidal, Luisa Vidal Gey, en parte, José María Vicente Gómez, Ramón Gómez Blanco e en parte, estrada de Leiro a Ponte Catoira. Sur: propiedades particulares de Manuel Figueiras Vicente, Baltasar Vidal Rodríguez, Ramón Gómez Blanco e outros. Oeste: Hdros. de Francisco Vicente, Serafín Rubio Vázquez, Hdros. de Jesús Rodríguez e outros.

4. Monte Cotro. Ó sur do monte Leiro. Superficie 1,30 ha.

Norte: Hdros. de Valentín Vázquez, Hdros. de Dolores Rodríguez Rubio, Josefina Rodríguez Rey, e Hdros. de Manuel Buján. Leste: propiedade particular de Manuel Domínguez Tubío e Urbano Figueiras Vicente. Sur: en parte, ría de Arousa, e en parte, propiedades particulares de varios veciños. Oeste: ría de Arousa e, en parte, Hdros. de Valentín Vázquez Tubío.

2º Á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión do 1-7-1996, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeando como instructor a Ramón Olano Calleja, quen aceptou expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, expedíndose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Padrón, oíndose a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde presidente do Concello de Rianxo, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia (nº 78, do 24-4-1997), e taboleiro de anuncios do concello.

Debido á xubilación de Ramón Olano, na reunión do 9-12-1996 o xurado acorda nomear novo instructor a Alfonso Vázquez-Castro Garma, que tamén aceptou o cargo.

3º Os veciños da parroquia de Leiro fundamentan a súa petición perante o xurado na orixe foral dos ditos montes e en que desde tempos inmemoriais veñen aproveitándoos en réxime de comunidade e sen asignación de cotas.

4º Publicados os edictos no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro de anuncios do concello, non se presentaron alegacións por parte deste, como titular da propiedade do monte, nin por outros posibles interesados.

5º Na tramitación das presentes actuacións cumpríronse as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Fundamentos de dereito

1º O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2º De conformidade co contido do Art. 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños da parroquia de Leiro, concello de Rianxo, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3º Para a súa calificación como veciñal en man común, o monte debe reuni-las seguintes características: 1) pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) que se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros; 3) que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento de 4 de setembro de 1992).

4º Das actuacións que constan no expediente, e en especial da comprobación do que se expresa no punto anterior, se deduce que no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á comunidade veciñal da parroquia de Leiro, Concello de Rianxo, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

Acorda cualificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal da parroquia de Leiro, Concello de Rianxo, o denominado monte Leiro, Toxa, Atrema e Cotro, coas estremas, superficie e características que figuran no primeiro antecedente. Así mesmo, acórdase excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivera inscrito, incluíndolo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña».

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 28 de novembro de 1997.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

3371