Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.194

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (8/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas núm. 8/1998, que se seguen por lesións de tráfico, cítanse a English Today, S.L. e Francisco Luis García Vera para que o próximo día 15 de maio ás 13.15 horas comparezan ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistiren á celebración do dito xuízo, como responsables civís subsidiarios baixo apercibimento de que se non o verifican nin alegan xusta causa para deixar de facelo, poderán ser multados de acordo coa lei e recaer sobre eles os prexuízos a que houber lugar en dereito, podendo, se son parte, ser asistidos por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que tenten valerse. E para que así conste e lles sirva de citación en forma a English Today, S.L. e Francisco Luis García Vera en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 4 de maio de 1998.

A secretaria

Rubricado

3343