Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/39-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigo 52 da Lei 40/1994, de ordenación do sector eléctrico nacional e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Enderezo social: Avda. José A., 21, A Lama.

Título: interconexión C.I. A Roca e L.A.T. Sub. Ponte Caldelas-A Lama.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 225 m de lonxitude, desde o C.I. A Roca ata as proximidades do apoio 16 da L.A.T. Sub. Ponte Caldelas-A Lama, con conductor LA-180 en dobre circuíto un de entrada da L.A.T. Sub. Ponte Caldelas-A Lama no C.I. A Roca e outro de saída, conductor LA-110 e conductor R.H.V. na entrada e saída da liña no C.I. A Roca. A liña irá sobre apoios metálicos.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo I.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 31 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente:Provincia: Pontevedra

interconexión entre C.I. da Roca e L.A.T. Sub. Ponte Caldelas-A LamaConcello: Ponte Caldelas

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

1Fonte BarrosMonte baixoComunidade de Mon. de A InsuaOuteiro da Costa. Insua-Ponte Caldelas1 e 28224,81.730

3432