Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.193

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (285/1996).

Segundo o ten acordado Miguel Ángel Narváez Bermejo, maxistrado-xuíz do Penal número tres de Vigo, en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data, dictada nos a utos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria que se segue co número 285/1996, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra José Carlos Vidal Vidal e María del Carmen Vaamonde Rial, en reclamación de 8.099.936 pesetas, por un préstamo con garantía hipotecaria máis os xuros pactados e custas e gastos, sácase a poxa pública por primeira vez o predio seguinte:

Urbano.-Casa de planta baixa e piso alto, destinada a vivenda unifamiliar, situada no lugar da Escravitude, parroquia de Cruces, concello de Padrón. Ocupa sobre o soar unha superficie construída duns cento corenta metros cadrados e ten como anexo un terreo circundante, sen cultivar, duns mil cento trinta e sete metros cadrados de superficie, no sitio de Bouzón. O edificio sitúase no sector sueste do predio. Linda: norte e leste, monte común, muro no medio; sur, irmáns Abaña Domínguez e oeste, José García Trazar.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 535, libro 126, folio 161, predio número 17.318.

O remate terá lugar no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, situado na rúa Tetúan s/n desta cidade o vindeiro día 8 de xuño de 1998, ás 18 horas, previndo os licitadores do seguinte:

Primeiro.-O tipo da poxa é o do 12.856.230 ptas., fixado na escritura do préstamo non se admitirán ofertas que non cubran esa cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa, os licitadoes deberán consignar na conta deste xulgado número 1576.0000.18.0285.96, do Banco Bilbao Vizcaya, o 20% da devandita cantidade, requisito sen o cal non serán admitidos.

Terceiro.-Poderase face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxa, desde o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito, en

prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e as certificacións a que se refire a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, e enténdese que tódolos licitadores aceptan como suficiente a titulación achegada.

Sexto.-As cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Se non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 2-7-1998, ás 18 horas, para a cal servirá de tipo o 75% do tipo da primeira e terá lugar unha terceira poxa, se é o caso, o día 10-9-1998, ás 10 horas, sen suxeición a tipo.

Padrón, 1 de abril de 1998.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

4230