Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.192

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (298/1993).

En virtude do acordado por Miguel Ángel Narváez Bermejo, maxistrado-xuíz do Penal número tres de

Vigo, en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data dictada nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria que se segue co número 283/1995, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia representada polo procurador Óscar García Píccoli, contra José Díaz Mariño e María Teresa Gómez Mejuto, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a pública poxa por vez primeira o seguinte predio:

Número doce: Vivenda letra B sita na vila de Padrón, avenida Calvo Sotelo, s/n, na cuarta planta do edificio, distribuída adecuadamente o uso ó que se destina. Ocupa unha superficie construída de 108 metros e 73 decímetros cadrados e unha superficie útil de 89 metros e 49 decímetros cadrados. Linda: norte, vivenda letra C da mesma planta e, en pequena liña patio de luces; leste,vivenda letra A da mesma planta, patio de luces e patamal e caixa de escaleiras; e oeste, avenida Calvo Sotelo. Asígnaselle unha cota de participación en relación ó total do valor do inmoble de 6 centésimas.

Inscrita no tomo 502 do arquivo, libro 117 do Concello de Padrón, folio 167 volto, predio número 10.980.

O remate terá lugar no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, sito na r/ Tetuán, s/n, desta cidade, o día 8 de xuño de 1998, ás 16.15 horas, previndo os licitadores de que:

Primeiro.-O tipo de poxa é o de 5.322.334 ptas., fixado na escritura do préstamo e non se admiten ofertas que non cubran a dita cantidade.

Segundo.-Para tomaren parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta deste xulgado número 1576.0000.18.0283.95 do Banco Bilbao Vizcaya, o 20% da dita cantidade; sen este requisito non serán admitidos.

Terceiro.-Poderase face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Que os autos e as certificacións a que se refire a regra 4 do artigo 131 da L.H. estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada.

Sexto.-Que as cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó credito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Denon haber ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda o dúa 2-7-1998, ás 16.15 horas,

para a que servirá de tipo o 75% do tipo da primeira; celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día 10-9-1998, ás 10.15 horas, e sen suxeición a tipo.

Dado en Padrón o un de abril de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3607