Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.192

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (130/1996).

Eu, María Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, dou fe:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 130/1996, se segue xuízo de divorcio no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

Sentencia.

En Noia, o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Ana María Lorenzo Carou, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, vistos os presentes autos de xuízo de divorcio, promovidos por Alfonso Vázquez Rey, representado polo procurador Francisco José Gómez Castro (de oficio) e dirixido polo letrado José Ramón Gil López (de oficio); contra María Esther González Carballal incomparecida nos presentes autos.

Decido: que debo estimar e estimo, a demanda formulada polo procurador Francisco José Gómez Castro en nome e representación de Alfonso Vázquez Rey, contra María Esther González Carballal.

Que debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Alfonso Vázquez Rey e María Esther González Carballal e declarar igualmente a disolución da sociedade de gananciais.

Notifíquese a presente resolución ás partes, fágaselles saber que contra esta poderán interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentencia e ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, da que expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste e sirva de notificación en forma á denunciada rebelde en ignorado paradoiro María Esther González Carballal, expido, asino e selo o presente edicto en Noia o catorce de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

3697