Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998 pola que se anuncia a contratación para a adquisición de tres (3) vehículos todo terreo equipados para a loita contra incendios forestais no ano 1998, polo sistema de concurso público, procedemento aberto.

1. Orzamento máximo: 45.000.000 de pesetas, IVE incluído.

2. Prazo de execución do contrato: trinta días contados a partir da sinatura do contrato, ou o menor ofertado polo adxudicatario.

3. Fianza provisional: 900.000 pesetas.

4. Fianza definitiva: 1.800.000 pesetas.

5. Forma de tramitación: ordinaria.

6. Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 22 de xuño de 1998, data na que estarán cumpridos 52 días desde que foi remitido para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 del Regulamento xeral de contratos do Estado.

7. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

7.1. No sobre de documentación xeral, a establecida na cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas.

7.2. No sobre de proposición económica, a establecida na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

7.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida na cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas.

8. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, ás 12 horas do día 2 de xullo de 1998.

9. Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame e recollida, durante o prazo de presentación de proposicións, nas datas e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Basquiños nº 2, Santiago de Compostela.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretaro xeral da Consellería de Medio Ambiente

4221