Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expedienteP-152/1997, incoado por infracción á Lei de pesca fluvial, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, Diario Oficial de Galicia 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 70.

ANEXO

-Expediente P-152/97.

Denunciado: Carlos J. Pérez Mouriño.

Enderezo: Avda. de Madrid, 33-35-3º Esq.-Lugo.

Feito denunciado: pescar sen estar en posesión de licencia o día 26-5-1997, no río Ferreira-Portomarín.

Precepto sancionador: Art. 34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Artes decomisadas: están depositadas nesta delegación e a súa devolución efectuarase logo do aboamento da sanción.

Lugo, 30 de marzo de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

4199