Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de construcción da pasarela peonil Porto-Vales Vilamarín.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras.

b) Número de expediente: O98/30.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de construcción de pasarela peonil Porto-Vales Vilamarín.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 24.503.027 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 490.061 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo B, subgrupos 2 e 3, categoría e.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de construcción de pasa

rela peonil Porto-Vales Vilamarín, incluído no proxecto de construcción de pasarela peonil e paseo de acceso á praia de Oza».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de abril de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

4222