Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.108

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de abril de 1998 pola que se establece a veda do polbo en augas da Comunidade Autónoma galega.

Os estudios biolóxicos e a experiencia do sector confirman que cara ó final da primavera e o comezo do verán, abonda extraordinariamente o polbo de pequeno tamaño, o que leva a que este se pesque en grandes cantidades, co conseguinte prexuízo para os recursos.

Por esta razón, parece aconsellable realizar en augas da Comunidade Autónoma de Galicia unha veda enfocada a esta especie, co fin de acadar unha recuperación das súas poboacións que permita un aumento dos tamaños de captura, o que redundará nunha mellora dos prezos ó pescador.

Por todo o exposto, por petición do sector,

DISPOÑO:

Artigo único.- Prohíbense as capturas do polbo (Octopus vulgaris) con calquera arte, así como o uso das artes de nasa do polbo, espello e raña en augas de competencia da Comunidade Autónoma galega, desde o 1 ó 30 de xuño (ámbolos dous inclusive) do presente ano.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Recursos Mariños para adoptar tódalas medidas necesarias para o desenvolvemento da presente orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

3032