Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.108

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa G.K.N. Indugasa, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa G.K.N. Indugasa, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-3-1998, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o día 26-3-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos tra

balladores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Adminitración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 31 de marzo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa G.K.N. Indugasa, S.A. e o seu comité de empresa co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, o ámbito territorial do convenio é o do centro de traballo da empresa G.K.N. Indugasa, existente na actualidade na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta á totalidade do persoal pertencente ó cadro da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Ó presente convenio queda incorporado e forma parte del o acordo para a modernización de G.K.N. Indugasa asinado polas partes o 22-12-1993, quedando como anexo a el. Este anexo afectará no seu contido ós traballadores xa integrados e ós que se vaian integrando nos novos sistemas de traballo.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, excepto naqueles aspectos del que colisionen coa temporalidade dos ditos contratos.

Artigo 4º.-Vixencia, prórroga e denuncia.

O convenio entrará en vigor o día do seu asinamento, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1 de xaneiro de 1998,

a excepción daqueles artigos que conteñen vixencias concretas.

Terá unha vixencia de dous anos e expirará o 31 de decembro de 1999.

Este convenio quedará automaticamente denunciado tres meses antes do seu vencemento. Non obstante, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 5º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen, cos aumentos e melloras existentes ou que se poidan establecer no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 6º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 85.2º d) da Lei 8/1980, do 10 de marzo, a partir da entrada en vigor deste convenio crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por tres representantes titulares e tres suplentes designados pola empresa, e tres vocais titulares e tres suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa, todos eles integrantes das respectivas comisións negociadoras deste convenio.

As reunións desta comisión celebraranse sempre que asista o 50% máis un, cando menos, dos membros que a compoñen, e para reunirse será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esta solicitude e a reunión mediará un prazo de 48 horas como mínimo e de 5 días como máximo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes: as discrepancias serán reflectidas en acta. En caso de non haber acordo, farase que reflicta as diferencias. En ámbolos casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que considere procedente no prazo de oito días e notificarallo a aqueles, por se deciden acudir coas súa reclamación ante a instancia competente.

A propia comisión establecerá as normas de funcionamento.

Título II

Persoal

Artigo 7º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó seu servicio, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número de traballador, categoría laboral e antigüidade nela, profesión ou oficio e servicio en que traballa.

Unha copia deste rexistro será entregada ó comité de empresa e ás seccións sindicais, xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores no 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto das bases de cotización á Seguridade Social aplicarase o disposto na normativa legal vixente.

Ós contratos temporais que durante a vixencia deste convenio se transformen en indefinidos, seralles de aplicación o disposto nos reais decretos lei 8 e 9/1997.

Artigo 8º.-Xubilación.

O traballador que nos anos 1998 e 1999, tendo cuberto o período mínimo de cotización, decidise xubilarse no momento de cumpri-los 60 anos, terá dereito a percibi-la cantidade de 5.500.000 ptas. e 5.670.000 ptas., respectivamente.

Os traballadores maiores de 60 anos que non se acollesen ó dereito anterior poderán pactar de forma individual, logo de existencia de común acordo por ámbalas partes, a xubilación anticipada.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso.

En 1998 e 1999 pasarán ó cadro de persoal fixo 18 eventuais cada un dos anos, e esta situación quedará regularizada antes do mes de agosto, en 1998, e do mes de decembro de 1999, respectivamente.

Durante os dous anos de vixencia deste convenio substituiranse as baixas na empresa do persoal horario fixo que cese ó servicio dela cando o total de persoal fixo sexa inferior a 700 efectivos. A situación debe quedar regularizada antes de finaliza-lo mes de xaneiro do ano seguinte.

Para a selección do persoal para incorporar como fixo e co obxectivo da mellora cualitativa do cadro de persoal, teranse en conta as condicións requiridas polos postos por cubrir, a cualificación profesional e experiencia laboral, dando prioridade, en igualdade de condicións, ós candidatos eventuais que teñan unha maior antigüidade na empresa.

Todo isto excepto que se presentasen situacións excepcionais do mercado que obrigasen a regulacións de emprego.

-Período de proba:

Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos e profesionais de oficio: 1 mes.

-Subalternos, aprendices, peóns e especialistas: 2 semanas.

En canto se refire á celebración do contrato de traballo, á súa prórroga, denuncia e extinción, así como ós dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación, aplicarase o que dispón a normativa en vigor.

Persoal eventual.

De acordo co establecido no artigo 15.1º b) da lei do ET, as partes conveñen a aplicación de vixencia máxima dos contratos ahí regulados, conforme a duración pactada no convenio sectorial do metal.

Establécese unha indemnización dun día de salario para aqueles contratos con duración inferior a 6 meses no período de 18, contados desde a data de iniciación do primeiro contrato, sempre que a causa de rescisión non sexa voluntaria ou por motivo disciplinario.

-Contratos en prácticas:

O persoal de taller contratado en prácticas de conformidade co R.D. Lei 1/1995, durante a vixencia do presente convenio, terá prioridade para cubri-las necesidades de profesionais que se poidan producir na empresa, unha vez demostrada a súa capacidade nas correspondentes probas de aptitude.

A comisión de formación participará no seguimento da avaliación das prácticas formativas deste persoal e, para tal efecto, coñecerá as probas e resultados das avaliacións a que sexan sometidos no desempeño da súa actividade.

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de G.K.N. Indugasa, S.A. estará encadrado nas categorías profesionais que determina a ordenanza do traballo para a industria siderometalúrxica e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos.

Na medida en que a organización do traballo o requira, poderanse crear categorías non incluídas na ordenanza e que supoñan un beneficio de calquera orde para o persoal.

Ós peóns que ocupen durante un mes un posto de especialista outorgaráselle-la dita categoría se realizaron, cando menos durante unha quincena, o rendemento habitual neste posto.

Caso de non telo alcanzado, disporá de dous meses para podelo alcanzar.

Artigo 11º.-Postos especiais de persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de xeito distinto, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os xefes de equi

po especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas e que, de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos, irán sendo substituídas.

En calquera caso, e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo.

Artigo 12º.-Xefes de equipo especialistas.

Defínese o posto de xefe de equipo especialista como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, e por similitude das súas funcións coas previstas na ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período dun ano consecutivo ou durante tres alternos, se logo cesa na súa función, manterase con carácter de mínimo a prima de cualificación establecida para o dito posto ata que, polo seu ascenso a superior categoría, quede superada.

Artigo 13º.-Traslados.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, aínda que procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo persoal do cadro.

Os traballadores que ocupen postos de traballo tóxicos serán trasladados por petición propia a outros postos que non presenten estas características e substituídos por persoal voluntario ou de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior de acordo coas seguintes normas:

1. Levar máis de tres anos nun dos ditos postos.

2. Para o traslado daráselle preferencia á maior antigüidade no posto.

Facilitarase información previa ó comité de empresa de tódolos casos que se produzan de modificación substancial das condicións de traballo do persoal, os cales se efectuarán de conformidade coas disposicións legais vixentes.

Artigo 14º.-Ascensos.

Defínense como fórmulas de ascenso en G.K.N. Indugasa as seguintes:

A) Promoción automática a categoría superior.

-Auxiliar de organización a técnico de organización de segunda, un ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de segunda, un ano.

-Auxiliar administrativo a oficial de segunda administrativo, un ano.

-Auxiliar de laboratorio a analista de segunda, un ano.

B) Promoción logo de exame.

Os profesionais horarios (oficiais de 3ª e 2ª), os oficiais de 2ª administrativos, analistas de laboratorio de 2ª, delineantes de 2ª e técnico de organización de 2ª con 8 anos de antigüidade na categoría e os especialistas e especialistas cualificados con 13 anos de antigüidade na categoría poderán ascender á inmediata superior, logo de superación dun exame de aptitude profesional que para tal efecto deberán solicitar. O servicio de persoal entregaralles ós candidatos documentación de apoio e as distintas probas profesionais teóricas e prácticas serán feitas públicas cunha anticipación mínima de 30 días a cada exame e deberán ter lugar antes do 15 de outubro.

No prazo máximo de 30 días despois da súa celebración publicaranse os nomes dos candidatos declarados aptos e terá efectividade o ascenso.

Unha vez cualificadas por formación as probas profesionais, someteranse á comisión de control que para tal efecto se establece, para a súa verificación. Esta comisión estará composta por tres representantes da empresa e tres representantes do comité de empresa.

C) Cando existen vacantes por baixas do persoal.

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascensos as vacantes producidas por baixas do persoal.

Para cada concurso existirá un programa e un baremo de puntuación confeccionado pola empresa, baixo o cal se poderán prepara-los traballadores, ben asistindo ós cursos da empresa, se os houber, ben por preparación libre, e as distintas probas profesionais, teóricas e prácticas serán feitas públicas cunha anticipación mínima de 30 días a cada concurso.

Poderanse presentar ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos por cubrir.

No momento de realizar un concurso-oposición, constituirase unha xunta cualificadora como máis adiante se especifica.

D) Cando existen vacantes por aumento do cadro de persoal.

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse nun 50% por concurso-oposición e un 50% por libre designación da empresa.

Non quedan consideradas dentro destas últimas as vacantes que a empresa deba cubrir por propia designación como consecuencia de que ningún candidato fose declarado apto.

O concurso-oposición rexerase polo artigo 32 do Regulamento de réxime interior da empresa, sendo

no caso que nos ocupa concurso libre e tendo preferencia para cubri-las ditas vacantes os da categoría inmediata inferior, coas puntualizacións que máis adiante se fan referentes á comisión cualificadora.

As probas dos concursos-oposición consistirán nun exame das súas aptitudes profesionais exclusivamente.

Existirá unha comisión cualificadora destes exames, composta por tres representantes da empresa e tres representantes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa.

En caso de igual puntuación, daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

E) De libre designación.

Os ascensos a xefe de 1ª e 2ª administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa.

Título III

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Xornada laboral.

Establécese que a xornada será a mesma en días laborables e horas efectivas de traballo no cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas trinta e seis (1.736 horas), non entrando no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (mesmo os retribuídos).

Para efectos de xornada máxima legal semanal realizarase o cálculo correspondente, tomando en consideración o cómputo anual. Ámbolos contratantes acordan que a xornada pactada é aplicación mellorada da Lei 4/1983.

O calendario laboral elaborarase coa participación do comité de empresa no mes de decembro de cada ano.

Artigo 16º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada nun 25% sobre o salario base.

Para cubri-las necesidades da quenda de noite recorrerase preferentemente a persoal voluntario.

Co fin de fomenta-la estabilidade e motivación, os traballadores que realicen a quenda de noite percibirán, ademais da retribución citada, os complementos de nocturnidade especial e locomoción nas contías especificadas no artigo 26º.

Artigo 17º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días (trinta) naturais.

Procurarase que o seu desfrute estea comprendido no mes de agosto, reservándose a dirección a facultade de establecer excepcións e cambios a outros períodos do ano cando as esixencias dos servicios así o aconsellen e, nestes últimos casos, procurando satisface-los desexos do persoal en canto á época do seu desfrute.

Ó persoal afectado aplicaránselle as seguintes compensacións:

a) Por cada semana completa desprazada ó período comprendido entre os meses de xaneiro/xuño ou outubro/decembro, ambos inclusive, 9.803 ptas. en 1998 e 10.107 ptas. en 1999. Esta compensación será rateable por días.

b) Aplicación das normas en vigor de compensación por locomoción.

O comité de empresa será informado do persoal que a empresa determine que ten que cambia-las vacacións.

Os traballadores que se encontren en incapacidade temporal ó inicio ou durante o transcurso das vacacións pactadas no calendario laboral, unha vez producida a alta médica, desfrutarán do período non utilizado no transcurso do ano e tendo en conta as necesidades do servicio.

Artigo 18º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo, con dereito a remuneración, incluída prima media mensual para o persoal horario, polo tempo e os motivos seguintes:

Nacemento de fillo: 3 días laborables.

Con intervención cirúrxica (cesárea): 4 días laborables.

Poderanse desfrutar dentro dos sete días seguintes ó parto.

Adopción legal: 2 días laborables.

En ámbolos supostos, se cómpre o desprazamento a distancia superior a 300 km, será 1 día máis.

Casamento: 15 días naturais.

Falecemento:

-De pais, fillos ou cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

-De cónxuxe do irmán do traballador: 1 día natural.

-De irmáns dos pais do traballador: 1 día natural.

Nestes últimos catro casos, se existe necesidade de desprazamento a distancia superior a 300 km corresponderá 1 día natural máis.

Para efectos de cómputo dos días de permiso por falecemento, considerarase que:

-Se computará como de permiso o día de falecemento se este se producise antes de transcorrida a metade da xornada laborable do traballador.

-Se o falecemento se produce en día non laborable para o traballador, computarase como día de permiso no caso de que o falecemento tivese lugar antes das 12 horas.

Enfermidade grave:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: 3 días naturais. En caso de necesidade de desprazamento a distancia superior a 300 km corresponderá un día máis.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

Nestes dous últimos casos, se existe necesidade de desprazamento a distancia superior a 300 km, corresponderá un día natural máis; se a 500 km 2 días naturais máis.

A referencia a cónxuxe nos permisos antes citados faise extensiva á persoa que conviva maritalmente co traballador, que acredite a súa situación de convivencia mediante certificado do concello, libro de familia ou documento substitutorio.

Casamento:

-De pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

Traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Exames:

-Os traballadores matriculados en centros oficiais ou recoñecidos polo MEC que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional, segundo o teor da Lei xeral de educación, terán dereito ós permisos necesarios para concorreren ós exames correspondentes.

O servicio de persoal entregaralle ó interesado resgardo acreditativo dos permisos concedidos.

Artigo 19º.-Premio de asistencia.

O premio de asistencia permitiralle a cada traballador desfrutar días de permiso retribuído ou a compensación económica correspondente en función da súa asistencia ó traballo, conforme as normas que a seguir se articulan:

Norma 1ª

O premio de asistencia é aplicable a todo o persoal coas posibles excepcións seguintes:

-Xefes de primeira e asimilados.

-Xefes de taller e asimilados.

-Titulados de grao superior e asimilados.

Norma 2ª

Cada semana de presencia completa dá dereito a:

-15 puntos simples para o persoal horario.

-12 puntos simples para o persoal mensual.

Norma 3ª

Ademais, cada semana de presencia completa dá dereito a puntos suplementarios cando se producen determinadas particularidades do traballo.

Os puntos suplementarios terán os seguintes valores:

a) Traballo en xornada ordinaria en quendas rotativas e traballo en quenda de noite: 6 puntos suplementarios.

b) Traballo da xornada ordinaria en domingo ou día festivo: 15 puntos suplementarios.

c) Traballo en talleres que presenten condicións particulares en certos postos: 6 puntos suplementarios

Norma 4ª

A conta dos puntos obtidos cada ano cérrase a última semana de decembro e seralles comunicada ós interesados antes do 15 de marzo seguinte.

Norma 5ª

A modificación colectiva das condicións de traballo levaría emparellada a modificación dos puntos suplementarios atribuídos na norma 3ª, alínea c).

Norma 6ª

Para cada ano do calendario, o beneficio do premio de asistencia considérase adquirido para todo o persoal definido na norma 1ª e que non tivese un total de ausencias no ano superior a 15 días laborables.

Norma 7ª

Os puntos simples e suplementarios, atribuídos no curso dun ano, corríxense da forma seguinte:

-Se o beneficiario non tivese ningunha ausencia, os puntos simples e suplementarios obtidos nese ano incrementaranse no 100%.

-Se o beneficiario totalizou no ano:

-De 1 a 5 días de ausencia: os puntos simples e suplementarios obtidos incrementaranse no 50%.

-De 6 a 15 días de ausencia: os puntos simples e suplementarios consideraranse no seu mesmo valor.

-Máis de 15 días de ausencia: pérdense os puntos atribuídos.

Norma 8ª

Para os efectos do premio de asistencia non se considerarán como ausencias as vacacións, así como as circunstancias definidas no anexo I.

Norma 9ª

A utilización dos puntos obtidos dá dereito a un día de permiso por cada 600 puntos.

Para a utilización dos días de permiso, precisarase un aviso previo de 5 días laborables e poderase tomar se as necesidades do servicio o permiten (absentismo inferior ó 10%).

Para efectos de compensación económica establécese que 600 puntos equivalen a un día.

Norma 10ª

Os beneficios previstos no premio de asistencia non se poderán acumular cos que puidesen resultar de novas normas legais e regulamentarias.

Así mesmo, as vantaxes establecidas no presente premio de asistencia modifican e substitúen as concedidas polo anterior plan individual de vacacións.

Norma 11ª

Os días de premio de asistencia serán aboados como laborables.

ANEXO I

CIRCUNSTANCIAS QUE NON SE CONSIDERAN AUSENCIA PARA EFECTOS DO PREMIO DE ASISTENCIA NO CONXUNTO FINAL DO PERÍODO

-Permiso por nacemento de fillos ou adopción legal.

-Permiso por casamento do traballador/a.

-Permiso por casamento de fillos, irmáns ou pais.

-Permiso por falecemento de pais, fillos, cónxuxe, avós netos e irmáns do traballador/a.

-Permiso de falecemento de pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe do traballador/a.

-Permiso por falecemento de irmán do cónxuxe do traballador/a.

-Permiso por falecemento de irmáns dos pais do traballador/a.

-Permiso por enfermidade gravedo cónxuxe, fillos, pais, avós, netos e irmáns do traballador/a.

-Permiso (por desprazamento para consulta médica) por enfermidade de fillos ou cónxuxe.

-Permiso de mudanza.

-Permiso por premio de asistencia.

-Citacións oficiais.

-Designación como membro de mesa electoral-.

-Retención pola Garda Civil (incendios).

-Paro técnico.

-Permiso para exames oficiais.

-Permiso para doazón de sangue.

-Permiso por horas acumuladas (ou por recuperar).

-Saídas inferiores a media xornada.

-Saídas sindicais (dentro do límite regulamentario).

-Folga legal.

Artigo 20º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na ordenanza laboral siderometalúrxica e Estatuto dos traballadores.

A empresa admitirá o excedente nun prazo máximo de quince días a partir da data en que expire a excedencia sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia, daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitación para o traballo, sempre que este o solicite.

Se un traballador, tendo transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá pedir que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen da solicitude de reingreso dos excedentes.

Título V

Réxime de retribucións

Artigo 21º.-Primas.

O persoal incorporado ós novos sistemas de traballo percibirá as primas previstas no apartado 9.2 dos acordos para a modernización de G.K.N. Indugasa, o texto o cal forma parte deste convenio como anexo.

O persoal de producción directa e o indirecto vinculado a ela, a que se refire o título IV do convenio

colectivo da empresa para os anos 1996/1997, do quie é substituto este convenio, percibirá a prima de producción correspondente ó persoal incorporado ós novos sistemas de traballo.

Os grupos de persoal de MOI que se relacionan a seguir percibirán as primas seguintes:

19981999

EspecialistasOficiaisEspecialistasOficiais

Manutención interior389,10354,57413,22376,55

Manutención carristas414,67348,69432,88370,31

Almacéns357,84327,16380,03347,44

Expedicións382,42346,59406,13368,08

Laboratorio419,86354,57432,88376,55

Enxeñerías e Asist. xeral389,10354,57413,22376,55

Xefe de equipo147,8293,20152,4096,09

Primas para cálculo valor base hora extraordinaria:

19981999

Especialistas287,11296,01

Espta. xefe equipo259,65267,70

Oficial 3ª275,78284,33

Oficial 2ª286,21295,08

Oficial 1ª294,65303,78

Tódalas primas proceden das fórmulas contidas no título IV do convenio colectivo 1996/1997.

Artigo 22º.-Retribución do persoal horario.

Componse de salario convenio (xornal máis retribución voluntaria, no seu caso), prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

En 1998 as retribucións do persoal horario incerementaranse un 3,1% sobre as existentes en 31-12-1997. En 1999 as retribucións do persoal horario incrementaranse un 3,1% sobre as existentes en 31-12-1998.

Salario convenio (xornal + R. voluntaria) 3,1% lineal por categorías.

Incremento ptas./horaS.M. mínimo ptas./horaEn prácticas

199819991998199919981999

1º ano2º ano1º ano2º ano

Peóns15,9016,42508,43524,19
Especialistas16,5317,05535,20551,79
Espta. Cualfdo.17,0617,58547,64564,62
Oficial 3ª de oficio19,4020,00629,96649,49377,98472,47389,69487,12
Oficial 2ª de oficio20,1320,76661,37681,87396,82496,03409,12511,40
Oficial 1ª de oficio21,1521,80691,71713,15415,03518,81427,89534,86

Primas de producción e posto, 3,1%. Aboaranse con prima os días 28 e 29 de decembro de 1998 e dous días a definir ó confecciona-lo calendario laboral do ano 1999, por reaxuste establecido no convenio colectivo 1995.

Artigo 23º.-Improductividades.

Aboaranse como horas productivas (con prima media) as dedicadas á limpeza fin de semana e as paradas que se deban a causas alleas á vontade dos traballadores. Así mesmo, aboarase como productivo o tempo de consulta derivado de accidente de traballo ou de recoñecemento anual obrigatorio realizados no servicio médico da empresa.

Artigo 24º.-Prima de presencia.

A partir do 1-3-1998 e co obxecto de premia-la presencia continuada no traballo, establécese a prima de presencia para tódolos traballadores da empresa, con suxeición ós seguintes criterios:

1. A prima devengarase por meses naturais completos en situación de alta no cadro de pesoal, agás o persoal eventual que se incorporer ou rescinda o seu contrato, ó que lle será aboada prima en proporción ós días de alta no mes do que se trate.

2. O traballador que non teña ningunha ausencia ó traballo durante o mes percibirá as seguintes cantidades:

19981999

Persoal mensual3.875 ptas.3.999 ptas.

Persoal horario5.356 ptas.5.522 ptas.

Non terán a consideración de ausencias para os efectos desta prima:

-As vacacións oficiais.

-Os permisos por premio de asistencia.

-Os permisos regulamentarios retribuídos.

-Os descansos derivados de recuperación voluntaria.

-A folga legal.

Enténdese por ausencia a perda dunha xornada de traballo completa.

Nos meses de xaneiro e febreiro de 1998 terán aplicación o disposto no artigo 33 do convenio colectivo 1996/1997.

Artigo 25º.-Traballos tóxicos, penosos ou perigosos.

Seguiranse os criterios da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica en canto á determinación dos postos de traballo que teñen dereito á bonificación por penosidade, toxicidade ou perigosidade, pero fixando a contía de 20,26 ptas./hora e 20,89 ptas./hora para todo o persoal afectado por este concepto, nos anos 1998 e 1999, respectivamente.

Artigo 26º.-Complementos salariais.

Teñen este carácter os seguintes:

1998 1999

Nocturnidade especial92,00 ptas./h94,85 ptas./h
Complemento carencia transporte

(locomoción)

19 ptas./km20 ptas./km
Complemento xornada especial

(festividade)

462,48 ptas./h476,82 ptas./km
Complemento de recuperación

de xornada

462,48 ptas./h476,82 ptas.km
Responsabilidade liña93,50 ptas./h96,40 ptas./km
Complemento horas extras nocturnas

87,33 ptas./h90,04 ptas./km

Artigo 27º.-Antigüidade.

Mantense o criterio de trienios para todo o persoal ó que as normas regulamentarias recoñecen o dereito a percibi-la antigüidade e aboarase confoirme os seguintes tipos:

19981999

Persoal horario8,348,60 ptas./h por trienio

Persoal mensual28.35629.240 ptas./ano por trienio

O tope máximo que se considerará por este concepto, será o de nove trienios.

O complemento por antigüidade devengarase a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada trienio se a data do vencemento é anterior ó 30 de xuño e a partir do 1 de xullo do ano respectivo nos casos en que o vencemento teña lugar no segundo semestre do mesmo ano.

Artigo 28º.-Horas extraordinarias.

A empresa deberá comunicarlles ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha anticipación suficiente e, cando menos, deberanse efectuar 24 horas antes do día en que se deban realizar, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, caso no que se considerará obrigatoria a prestación.

Procurarase que a xornada laboral total (normal + extraordinaria) non exceda de 12 horas día. O comité de empresa será informado dos casos de imposibilidade, se se producen, e as súas causas.

Se as circunstancias técnicas e productivas así o esixisen, a empresa poderá establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano. A posible realización destas horas extraordinarias estructurais será voluntaria.

As horas extraordinarias serán compensadas economicamente ou mediante tempo equivalente de descanso.

A fórmula para establece-lo valor base da hora ordinaria sobre a cal se apliquen as recargas que correspondan continuará sendo a actual, partindo duns valores ano que comprenden as primas e incentivos establecidos no artigo 21º, e estando o devengo anual constituído exclusivamente polos conceptos retributivos de salario e antigüidade, no caso do persoal mensual, e de salario base máis retribución voluntaria

(se é o caso) máis antigüidade (3.400 horas) e prima (2.448 horas) no caso do persoal horario:

Devengo anual x 12

Valor base:

Hora ordinaria: 1.736 h x 14

Ó valor resultante incrementaráselle a recarga do 100%.

No caso de compensación por tempo equivalente, ademais de tempo de descanso percibirase o complemento de recuperación de xornada e, nos días considerados festivos, os complementos de festividade e locomoción.

O traballador optará por unha das dúas fórmulas (cobrar ou desfrutar) previamente.

Artigo 29º.-Gratificacións extraordinarias e vacacións.

-Persoal mensual:

En ámbolos casos a retribución será equivalente ó soldo mensual respectivo.

-Persoal horario:

As pagas extraordinarias de xullo e Nadal serán aboadas a razón de 25 días laborables e 5 festivos cada unha delas.

As vacacións aboaranse a razón de 30 días laborables incluíndo, ademais da media de primas de producción, os pluses de toxicidade, penosidade ou perigosidade obtidos nos tres últimos meses traballados.

A empresa aboaralles as ditas pagas extraordinarias completas a tódolos traballadores que estivesen en situación de incapacidade temporal no semestre anterior, tomando no caso do persoal horario como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 30º.-Retribución do persoal mensual e táboa de retribucións mínimas.

As retribucións do persoal mensual serán incrementadas nun 3,1% sobre as existentes o 31 de decembro de 1997 e 31-12-1998.

As táboas de retribucións mínimas para o persoal mensual sitúanse nas contías seguintes, por categorías:

19981999

Grupo subalterno
Cabo de gardas2.763.5702.849.240 ptas./ano
Vixilante2.360.5552.433.732 ptas./ano
Ordenanza2.149.4462.216.078 ptas./ano
Telefonista2.149.4462.216.078 ptas./ano

Grupo administrativo
Xefe administrativo de 1ª3.454.6203.561.713 ptas./ano
Xefe administrativo de 2ª3.070.6373.165.827 ptas./ano
Oficial administrativo de 1ª2.763.5702.849.240 ptas./ano
Oficial administrativo de 2ª2.341.3662.413.948 ptas./ano
Auxiliar administrativo2.149.4462.216.078 ptas./ano

Grupo técnico
-Técnicos de taller:
Xefe de taller3.454.6203.561.713 ptas./ano
Axudante enxeñeiro3.070.6373.165.827 ptas./ano
Contramestre3.070.6373.165.827 ptas./ano
Encargado2.763.5702.849.240 ptas./ano
Coordinador2.763.5702.849.240 ptas./ano

-Técnicos de oficina
Delineante proxectista:3.070.6373.165.827 ptas./ano
Delineante de 1ª2.763.5702.849.240 ptas./ano

19981999

Delineante de 2ª2.405.8262.480.407 ptas./ano
Auxiliar delineante2.302.9792.374.371 ptas./ano

-Técnicos de organización:
Xefe de organización de 1ª3.454.6203.561.713 ptas./ano
Xefe de organización de 2ª3.070.6373.165.827 ptas./ano
Técnico de organización de 1ª2.878.7272.967.968 ptas./ano
Técnico de organización de 2ª2.610.0412.690.952 ptas./ano
Auxiliar de organización2.360.5552.433.732 ptas./ano

-Técnicos de laboratorio:
Xefe de laboratorio de 1ª3.454.6203.561.713 ptas./ano
Xefe de laboratorio de 2ª3.070.6373.165.827 ptas./ano
Analista de 1ª2.763.5702.849.240 ptas./ano
Analista de 2ª2.405.8262.480.407 ptas./ano
Auxiliar de laboratorio2.302.9792.374.371 ptas./ano

-Técnicos titulados:
Enxeñeiros3.070.6373.165.827 ptas./ano
Licenciado3.070.6373.165.827 ptas./ano
Perito-enxeñeiro técnico2.610.0412.690.952 ptas./ano
Axudante técnico sanitario2.610.0412.690.952 ptas./ano

Artigo 31º.-Axudas de custo e gastos de viaxe.

Os traballadores que por necesidade de servicio e orde da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos percibirán as axudas de custo en vigor para os distintos países. Serán así mesmo reembolsados os gastos extraordinarios que a comisión de servicio faga necesarios.

Artigo 32º.-Garantía salarial.

-Ano 1998:

No caso de que o índice de prezos de consumo (IPC) establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1998 un incremento superior ó 2,6% respecto á cifra que resultase do dito IPC o 31-12-1997, tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia, modificaranse as tarifas salariais na porcentaxe necesaria para garantir que os novos niveis o 31-12-1998 superen os do 31-12-1997 nun 0,5% sobre o valor do mencionado IPC.

Así mesmo, ó persoal aboaráselle unha cantidade compensatoria da que recibise se os niveis salariais o 31-12-1998 resultantes da aplicación da presente cláusula de garantía salarial estivesen en vigor o 1 de xaneiro do dito ano.

Esta cantidade aboarase dunha soa vez na primeira nómina normal tecnicamente posible e integrarase nas remuneracións do dito mes para efectos de cotización á Seguridade Social e IRPF.

-Ano 1999:

No caso de que o índice de prezos de consumo (IPC) establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1999 un incremento superior ó 2,6% respecto á cifra que resultase do dito IPC o 31-12-1998, tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia modificaranse as tarifas salariais na porcentaxe necesaria para garantir que os novos niveis o 31-12-1999 superen os do 31-12-1998 nun 0,5% sobre o valor do mencionado IPC.

Así mesmo, ó persoal aboaráselle unha cantidade compensatoria da que recibise se os niveis salariais o 31-12-1999 resultantes da aplicación da presente

cláusula de garantía salarial estivesen en vigor o 1 de xaneiro do dito ano.

Esta cantidade aboarase dunha soa vez na primeira nómina normal tecnicamente posible e integrarase nas remuneracións do dito mes para efectos de cotización á Seguridade Social e IRPF.

Título V

Previsión e política social

Artigo 33º.-Formación.

A aplicación do plan estratéxico da empresa desenvolve o de formación, destinado a promove-la modernización e adecuación ó traballo para afronta-las esixencias dun contorno crecentemente competitivo e en constante cambio.

O seu obxectivo é a capacitación do persoal de G.K.N. Indugasa na execución das súas tarefas, incrementando a súa polivalencia, facilitando a adaptación ás novas tecnoloxías e sistemas de traballo e a análise e resolución de problemas, promovendo, así mesmo, a satisfacción no traballo nun proceso permanente de mellora continua.

O plan de formación do ano 1008 prevé a realización de aproximadamente 36.000 horas en áreas tales como: calidade, mantemento, polivalencias, proceso de fabricación, tecnoloxía, informática, xestión, recursos humanos, prevención de riscos laborais, idiomas, cun custo próximo ós 200 millóns de pesetas.

Para o ano 1999 manterase similar o número de horas de formación por efectivo/ano.

A asistencia ós cursos de formación será voluntaria e gratuíta para o persoal.

A comisión consultiva e de seguimento do plan de formación e de negociación de subvencións coa Administración estará integrada por tres membros do CE e tres membros representantes da dirección e establecerá o su propio calendario de reunións.

A comisión, co obxecto de contribuír con propostas e observacións ó plan de formación, será informada con anterioridade á súa redacción definitiva e periodicamente de tódolos seus aspectos e da avaliación de resultados.

A empresa facilitará no posible, mediante a adaptación do horario de traballo, a asistencia do persoal a cursos de formación que pola súa iniciativa desexe realizar.

Permitirase, na medida do posible, a realización de prácticas a fillos do persoal con titulación de FP2 nas especialidades de mecánica, electricidade e electrónica, durante o período de vacacións xerais na empresa. Proporcionaráselles unha bolsa como axuda de manutención e traslado.

A partir do 1-3-1998, o persoal que por necesidades da empresa realice formación fóra do seu horario de traballo, recibirá o plus e unha axuda de custo compensatoria de gastos de desprazamento e manutención nas contías seguintes:

-Formación en xornada ordinaria: 800 ptas./hora.

-Formación en xornada festiva: 1.000 ptas./hora.

Artigo 34º.-Bolsas.

A empresa concederá en 1998 e 1999 bolsas de estudio por un importe total de 4.263.000 ptas. e 4.413.000 ptas. respectivamente, para:

-Carreiras superiores.

-Carreiras medias.

-Estudios EXB, BUP, COU e ESO.

-Estudios de formación profesional.

-Outros estudios.

Atenderanse, en primeiro lugar, as solicitudes para estudios propios do persoal e destinaranse a cubrir gastos de matriculación e textos base do curso de que se trate. No caso de quedaren bolsas de estudio sen conceder, estas serán aplicadas ós fillos de traballadores que aprobasen a totalidade das disciplinas no mes de xuño, segundo o seguinte criterio en función dos grupos de estudios considerados:

Grupo 1: EXB, 1º e 2º ESO.

Grupo 2: desde 3º ESO, BUP-COU-FP.

Grupo 3: carreiras medias e superiores.

As bolsas de estudio terán a proporción 3, 2, 1.

I: proporcional a 3, para o grupo 3.

II: proporcional a 2, para o grupo 2.

III: proporcional a 1, para o grupo 1.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo resgardo da matrícula e a factura dos libros e material de ensino para os estudios indicados.

Para a selección de solicitudes crearase unha comisión paritaria composta por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección, que actuará segundo as normas establecidas en convenio.

Artigo 35º.-Seguros.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que por necesidades do servicio teña que desprazarse a unha localidade distinta da súa residencia habitual.

Continuará o seguro colectivo de vida existente con cargo á empresa, e que comprende todo o persoal dela. O capital asegurado será equivalente ó salario anual, tomando o nivel de 1 de xaneiro de cada ano.

As coberturas deste seguro serán:

a) Morte natural: aboamento do capital asegurado.

b) Morte por accidente, incluído o de circulación: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

c) Invalidez permanente total: aboamento do capital asegurado.

d) Invalidez permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

e) Gran invalidez: aboamento do capital asegurado.

Esténdese, así mesmo, a cobertura deste seguro ás persoas en situación de incapacidade temporal ata o tempo máximo previsto no artigo 131 bis 2 da Lei xeral da Seguridade Social, segundo redacción dada pola Lei 42/1994, do 30 de decembro. Para isto é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias.

Nestes casos os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan o 1 de xaneiro do ano en que se iniciou a situación de prórroga da incapacidade temporal sen obriga de cotización para a empresa.

Artigo 36º.-Mutualidade de previsión social.

A contribución mensual (12 meses ó ano) da empresa á mutualidade de previsión social de Indugasa durante a vixencia do presente convenio colectivo será de 634 ptas. en 1998 e 657 ptas. en 1999 por efectivo existente no cadro de persoal o último día de cada mes, para cubri-los fins actuais regulamentarios establecidos nos estatutos vixentes o 31-12-1992, coas seguintes modificacións:

a) Prestación de incapacidade temporal por hospitalización desde o primeiro día.

b) Prestación de I.T. a partir do quinto día se a media de absentismo dos tres meses anteriores na empresa por esta continxencia é inferior ó 3,5%. En caso contrario, a partir do décimo día.

c) Creación dun fondo de aforro/xubilación.

Ademais, a empresa achegará á mutualidade:

1) Unha asignación anual en concepto de axuda complementaria para gastos de xestión, durante a vixencia do convenio, de 1.500.000 ptas. pagadoiras a razón de 375.000 ptas. trimestrais, sempre que no trimestre anterior o absentismo por I.T. non supere o 3,5%.

2) En 1998 a cantidade de 925.000 ptas. por aplicación da fórmula establecida na acta nº 10 deste convenio colectivo.

En 1999 a cantidade que se determine en xaneiro do dito ano con idéntico criterio de cálculo.

Artigo 37º.-Préstamos para compra de vehículos.

En 1998 e 1999 destinarase a cantidade de 4.500.000 ptas. e 4.900.000, respectivamente, recuperadas do fondo creado en 1981, como dotación para préstamos destinados á adquisición de vehículos para uso persoal, tanto novos como usados.

As características destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo vehículo novo: 500.000 pesetas.

-Importe máximo vehículo usado: 30% do valor do coche adquirido co límite máximo de 500.000 ptas.

-Prazo de devolución: 5 anos máximo.

-Xuros: 2% (a partir do 1-3-1998).

Normas para a concesión.

1. Destínanse á compra de vehículos adquiridos no ano actual.

2. Establecerase unha única convocatoria destinada ós vehículos comprados do 1-1 ó 31-12 de cada ano. As solicitudes deberanse presentar entre o 1 e o 15 de xaneiro do ano seguinte.

3. O vehículo estará matriculado a nome do solicitante.

BaremoPuntos

Carecer de vehículo polo menos os últimos 6 meses do ano anterior13
Sinistro total12
Vehículo máis antigo das solicitudes presentadas12
Por cada ano de menor antigüidade-1
Importe vehículo novo (sen seguro)< 1.500.000 ptas.
10
Id.Hasta 1.600.000 ptas.9
Id.Hasta 1.700.000 ptas.8
Id.Hasta 1.800.000 ptas.7
Id.Hasta 1.900.000 ptas.6
Id.Hasta 2.000.000 ptas.5
Id.Hasta 2.100.000 ptas.4
Id.Hasta 2.200.000 ptas.3
Id.Hasta 2.300.000 ptas.2
Id.Hasta 2.400.000 ptas.1
Id.> 2.400.000 ptas.0
2º vehículo unidade familiarDenegado

A suma dos puntos obtidos por estes conceptos dará a orde de adxudicación dos préstamos.

En caso de empate daráselle preferencia ó solicitante con maior antigüidade na empresa.

Para a selección de préstamos crearase unha comisión paritaria composta por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección, que actuarán segundo as normas establecidas en convenio.

Documentación acreditativa que se presentará:

-Fotocopia da documentación do vehículo actual, se o posúe.

-Fotocopia da documentación do vehículo adquirido.

-Factura do vehículo adquirido ó seu nome.

-Fotocopia da documentación do vehículo vendido, dado de baixa ou sinistro total.

Artigo 38º.-Anticipos para compras no economato.

Para realizar compras no economato concederánselles anticipos ós traballadores da empresa que o

soliciten, que se descontarán na forma habitual.

As contías dos anticipos serán:

19981999

Familia numerosa63.000 ptas.66.500 ptas.

Demais traballadores52.500 ptas.56.000 ptas.

Este artigo, segundo o prevido no parágrafo 1 do artigo 4º deste texto, inicia a súa vixencia o 1 de marzo de 1998.

Artigo 39º.-Seguridade e saúde.

Defínese o comité de seguridade e saúde de G.K.N. Indugasa como o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de accidentes, no marco da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

O comité de seguridade e saúde será consultado previamente á introducción de novas tecnoloxías, en todo o relacionado coas consecuencias que estas puidesen ter para a seguridade e saúde dos seus traballadores, derivadas da elección dos equipos, a determinación e a adecuación das condicións de traballo e o impacto dos factores ambientais no traballo. Así mesmo, recibirá información das materias primas utilizadas no proceso productivo e as consignas de identificación, manipulación e primeiros auxilios en caso de accidente; dos resultados dos estudios medioambientais que se realicen e, moi especialmente, do mapa de ruídos, así como do resultado global dos recoñecementos anuais.

Os delegados de prevención, como representantes dos traballadores no comité de saúde laboral, con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo, serán designados polo comité de empresa.

O comité de seguridade e saúde disporá do tempo preciso para o eficaz exercicio das súas funcións e poderá solicitar, por proposta de calquera dos seus membros, a colaboración dos servicios técnicos da empresa, organismos oficiais e asesores externos. Este comité celebrará mensualmente unha reunión de tódolos seus membros.

Protección de traballadores especialmente sensibles a determinados riscos.

G.K.N. Indugasa garantirá a protección de traballadores que, polas súas características persoais, estado biolóxico, situación de discapacidade física, psíquica ou sensorial, sexan especialmente sensibles ós riscos derivados do traballo. O servicio de prevención avaliará os riscos dos postos que se vaian ocupar en función das limitacións do persoal e adoptará as medidas preventivas e de protección adecuadas, segundo o previsto na LPRL vixente. Do estudio resultante daráselle conta ó comité de seguridade e saúde.

Título VI

Acción sindical

Artigo 40º.-Crédito horario.

As convocatorias por iniciativa da dirección non se imputarán sobre o crédito a que se refire o artigo 68 e) da Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Artigo 41º.-Información sobre acción disciplinaria.

O comité de empresa será previamente informado á imposición de todo tipo de sanción.

Artigo 42º.-Procedemento de resolución de conflictos.

A representación dos traballadores e a empresa obríganse a someter á comisión constituída para o efecto todas aquelas diverxencias que poidan ser obxecto de proposta de conflicto colectivo. As ditas diverxencias, debidamente documentadas, serán obxecto de estudio da comisión ó longo das reunións que ámbalas partes xulguen precisas nun prazo máximo de 3 días, co fin de ter un exhaustivo coñecemento do tema. As resolucións desta comisión non serán vinculantes, salvo acordo por unanimidade. En caso de desacordo, queda salvagardada a tutela xudicial efectiva.

A dita comisión estará constituída por un membro de cada unha das seccións sindicais con presencia no comité de empresa, que terá que reunir necesariamente a condición de membro de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos membros da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes conveñen en que o texto da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica do 29-6-1970 se aplicará a título de dereito dispositivo mentres as ditas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisprudencia laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, debendo ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se deben reuni-las partes contratantes a través das súas respectivas comisións negociadoras.

DECLARACIÓN DA DIRECCIÓN SOBRE POLÍTICA DE PRODUCCIÓN E EMPREGO

(Asumida na acta do 3-4-1995 e ratificada)

O futuro de G.K.N. Indugasa pasará pola satisfacción do cliente, a través da participación de todo o persoal, para o cal o mantemento do emprego é considerado fundamental.

No caso de as circunstancias do mercado aconsellaren unha reducción dos recursos humanos, a dirección comprométese a proporlles ós representantes do persoal as medidas legais adecuadas, baixo o principio de minimiza-lo impacto sobre o cadro de persoal fixo por medio dunha actuación prioritaria sobre a contratación temporal, as subcontratas e o persoal pertencente a empresas de traballo temporal.

ACORDOS PARA A MODERNIZACIÓN DE G.K.N. INDUGASA

1. Introducción.

O presente documento está baseado na experiencia acumulada no estudio, implantación e consolidación da célula piloto, no documento acordado no seu día cos representantes dos traballadores, documento proposta presentado pola parte social, e nas reunións e discusións con eles mantidas, todo isto congruente co principio de garanti-lo emprego presente e futuro. Os presentes acordos serán introducidos no convenio colectivo, salvo modificación ou revisión decidida con acordo de ámbalas partes.

Os artigos contidos neste documento poderán ser modificados despois da súa introducción no convenio colectivo, por acordo de ámbalas partes, sendo de aplicación inmediata e introducidos no seguinte convenio.

2. Organización da producción.

Consecuentemente co plan técnico de modernización, a organización da producción será a través do sistema de células, que terán como base fundamental o traballo en equipo. Esta nova forma de organización da producción debe conducir a mellora-los seguintes aspectos da nosa actividade.

a) A competitividade:

-Mellorando o consumo de materiais.

-Mellorando o consumo de ferramentas.

-Mellorando o nivel de calidade.

-Mellorando a productividade.

-Mellorando a capacidade do investimento.

-Mellorando o nivel profesional do persoal.

b) A seguridade:

-Mellorando as actividades de prevención.

-Corrixindo as causas de accidentes.

c) As condicións de traballo:

-Mellorando a manipulación de pezas.

-Diminuíndo o nivel de ruídos.

-Mellorando a orde e a limpeza.

d) O contido do traballo:

-Enriquecéndoo.

e) A adaptación á demanda:

-Facendo a organización máis flexible.

3. Conformación do equipo de traballo.

O equipo de traballo estará formado por un coordinador e a dotación adecuada, para facer fronte ás tarefas e obxectivos comúns a eles encomendados e que están ligados ós xerais da empresa.

Calquera traballador ou colectivo poderá formar parte do equipo, logo de acordo empresa-comité.

Ningún traballador por falta de capacidade de adaptación ou por falta de formación quedará excluído de formar parte destes equipos.

3.1. O coordinador.

-Será designado pola dirección.

-Dirixe o grupo cara á consecución dos seus obxectivos.

-É o contacto natural co servico técnico da UP.

-Toma unha posición activa de axuda ó grupo para resolve-las súas dificultades (incluíndo a substitución dalgún membro cando o considere preciso), e consegui-los obxectivos de forma máis confortable.

-Debe ter, entre outras, as seguintes calidades:

-Coñecementos técnicos.

-Experiencia.

-Capacidade para delegar, escoitar e motivar

-Capacidade para aprender e ensinar.

-Capacidade para decidir e ser bo exemplo para o equipo.

3.2. Tarefas e obxectivos do equipo da célula.

O equipo ten tarefas e obxectivos comúns a tódolos seus membros, esperándose de todos eles unha participación activa.

O obxectivo é conseguir na medida das capacidades das persoas e no prazo adecuado o grao de polivalencia suficiente para que tódolos membros sexan capaces de realiza-lo conxunto completo de tarefas, a saber:

-Cumpri-la demanda de producción.

-Cambiar de ferramenta e máquina.

-Reparar avarías básicas e mantemento preventivo.

-Progresar na súa formación.

-Mellora continua:

-Eficiencia da instalación.

-Reducción de horas de avaría.

-Calidade do producto.

-Custos.

-Etc.

-Orde e limpeza.

-Seguridade e hixiene.

-Prevención.

-Reducción de accidentes.

Non obstante, e dada a realidade do diferente grao de coñecementos e experiencia dos diversos compoñentes do equipo, cada individuo deberase dedicar en cada momento a aquelas tarefas nas que a súa achega contribúa máis eficazmente ó logro dos obxectivos comúns.

O persoal que actualmente realiza a función de regrador focalizará máis intensamente a súa atención en:

-Cambios complexos de ferramenta e máquina.

-Elaboración de gamas de posta a punto e regraxe.

-Formación do equipo en:

-Uso correcto de instalacións.

-Cambio de equipo e máquinas de acordo co plan de polivalencia establecido.

-Optimización dos parámetros de traballo na instalación.

-Mantemento, seguimento e correcta utilización dos medios de control.

-Participación nos plans de mellora.

-Auto-formación na reparación de avarías sinxelas..

O persoal que realiza a función de afiadura pasará a formar parte das células onde se requira esta función, e as necesidades de afiadura serán realizadas prioritariamente por eles. Ademais focalizará máis intensamente a súa atención en:

-Optimización do seu uso.

-Forma-lo equipo no correcto aproveitamento e uso.

-Optimizar prerregraxes.

-Propostas de mellora de ferramenta.

-Participación en plans de mellora.

-Formarse para mellora da súa polivalencia e en todas aquelas tarefas que redunden en beneficio do equipo.

O persoal de metroloxía que actualmente realiza funcións de asistencia a fabricación, concentrarase basicamente en:

-Cambio de equipos.

-Formación do equipo en coñecemento e uso dos medios de control.

-Mantemento dos medios.

-Realización de estudios R&R.

-Medición de prototipos.

-Participación en plans de mellora.

-Formarse para a mellora da súa polivalencia.

-Tomar unha posición activa, de axuda ó grupo para resolve-las súas dificultades e consegui-los seus obxectivos.

-Se-lo medio natural de conexión co servicio de metroloxía.

O persoal de mantemento (eléctricos e mecánicos) que actualmente realiza estas funcións nas U.P. concentrarase basicamente en:

-Fiabilización de instalacións.

-Reparación de avarías da súa especialidade.

-Implantación de ideas de mellora.

-Mantemento preventivo.

-Formación do equipo en:

-Mantemento preventivo.

-Reparacións sinxelas.

-Formarse en reparacións de avarías doutras especialidades.

-Será o medio natural de conexión co staff e co mantemento central dentro da súa área.

-Tomar unha posición activa de axuda ó grupo para resolve-las súas dificultades e consegui-los seus obxectivos.

Para que o equipo poida realmente responder ás tarefas encomendadas, terá autoridade para xestionar:

-Reparto interno de tarefas.

-Descanso segundo 4.

-A ferramenta.

-Consumo.

-Optimización.

-Os consumibles:

-Aceites.

-Luvas.

-Etc.

-O seguimento do planning.

-Realiza-las reunións do equipo.

-A confección de ratios:

-Calidade.

-Eficiencia.

-Polivalencia.

-Tempo de cambio.

-Cpk.

-Seguridade.

-Etc.

4. Xornada de traballo.

-De acordo co estipulado no convenio colectivo, será de 7 h 45 min.

-En circunstancias normais, e sempre que se cumpran os obxectivos, os membros do equipo disporán de 15 min. ó final da xornada para o seu aseo persoal, máis os 30 min. que por descanso puidesen desfrutar durante a quenda.

-Dentro da xornada de traballo, o persoa disporá de 30 min. de descanso para saír do seu posto de traballo.

Para as células de montaxe manuais, o descanso será de 30 a 45 minutos en función da automatización.

No caso anormal de que nunha célula a esixencia física aconsellase a aplicación de maiores tempos de descanso, realizaranse os estudios pertinentes para anula-la orixe da anomalía, aplicándose, entrementres, o descanso que os equipos técnicos xulgasen conveniente.

As discrepancias, se as houber, trataranse na comisión correspondente.

-O equipo autorregularase este período de acordo cos seguintes criterios:

-Aínda sendo de disposición durante toda a xornada, só se poderán acumular 15 minutos para o final desta, cando se prevexa non cumpri-los obxectivos.

-Non se perturbará a marcha do equipo cara á consecución dos obxectivos.

-En casos especiais (avarías, anomalías ...) nos que haxa dificultade para a consecución dos obxectivos, o equipo, xunto co coordinador, organizará os descansos co fin de facilita-la súa obtención.

5. Polivalencia e formación.

O obxectivo é conseguir na medida das capacidades das persoas e no prazo adecuado o grao de polivalencia suficiente para que tódolos membros do equipo sexan capaces de realiza-lo conxunto completo de tarefas asignadas.

Para o conseguir, a formación é unha ferramenta clave que enriquece a persoa e o seu traballo.

Para facilita-lo progreso individual, así como o nivel de formación do equipo, establecerase un plan

ning e obxectivos de polivalencia e rotación de posto que será realizado polo equipo e a U.P.

O dito planning debe ter como obxectivo o progreso da formación e a polivalencia, así como o cumprimento dos obxectivos da célula.

Este planning terá en conta aqueles casos en que un compoñente do equipo que chegase ó máximo da súa polivalencia nunha célula poida continua-la súa formación noutra célula así como o cumprimento dos seus obxectivos.

Para cada equipo establecerase un planning de formación que, adecuándose ás súas necesidades, abarcará as seguintes áreas:

-Coñecemento dos medios da célula.

-Saúde laboral.

-Máquinas.

-Medios de control.

-Ferramentas.

-Mantemento.

-Mantemento preventivo.

-Pneumática.

-Calidade.

-Producto.

-CNC.

-Coñecementos de:

-Mecánica.

-Electricidade.

-Electrónica.

-Metroloxía.

-Etc.

O comité será informado previamente dos plans de formación, con facultade de facer proposicións e observacións.

Non existirá discriminación de ningún traballador en razón das súas menores capacidades e realizarase un maior esforzo na integración destas persoas.

Co obxecto de acelera-lo ritmo de adquisición de novas capacidades profesionais do persoal, aproveitarase a dispoñibilidade de medios en fins de semana para a formación práctica.

Cando a formación sexa fóra de horas de traballo, será voluntaria, aboándose a axuda de custos compensatoria de gastos de desprazamento e manutención en vigor.

A inscrición ou aceptación de asistencia a un curso de formación implica a obriga de asistencia a el, salvo xustificación.

6. Comisión paritaria de células.

A comisión paritaria de N.S.T. está composta por membros das organizacións sindicais con represen

tación no comité de empresa e membros representantes da dirección.

De entre e polos compoñentes da comisión serán elixidos un presidente e un secretario, os cargos dos cales recaerán en membros de ámbalas representacións.

Os membros pertencentes ó comité de empresa na dita comisión disporán dun total de 20 horas retribuídas ó mes para o desempeño das súas funcións. Non obstante, se a importancia dos asuntos por tratar así o aconsellan, a empresa facilitará a ampliación do número de horas.

Haberá dous tipos de reunións: ordinaria e extraordinaria. As ordinarias terán lugar unha vez ó mes e dentro da súa primeira quincena. Terán carácter de extraordinarias as convocadas por iniciativa xustificada de calquera das dúas representacións.

Terá funcións de seguimento dos acordos, acceso ós datos de interese para a súa función, establecer novos acordos e resolución das incidencias que fosen aparecendo.

Así mesmo, terá acceso ó seguimento do cumprimento dos plans de formación e polivalencia.

Os membros da comisión paritaria poderán asistir ás reunións dos equipos de célula, salvo oposición dalgún membro do equipo.

A comisión de saúde laboral será informada previamente de tódalas novas implantacións de células para coñecer e poder emitir observacións.

Tódalas reunións, tanto ordinarias como extraordinarias, deberán ser convocadas polo presidente e secretario cun prazo de 48 horas de anticipación, con indicación do lugar de reunión, día, hora e orde do día.

Con carácter permanente, nas reunións de información trimestral ó comité de empresa, incluirase información sobre:

-A evolución da formación e polivalencia.

-A relación existente entre a capacidade das células e as necesidades de producción.

-Cálculo de necesidades de man de obra.

7. Documentación da célula.

Dentro da información existente en cada célula estará incluído:

-Capacidade teórica máxima.

-Polivalencia e obxectivos.

-Tempo ciclo de máquina.

-Tempo de descanso.

8. Observacións complementarias.

De acordo co espírito do punto 3, os colectivos que ata o de agora se inclúen neste acordo e que intervirán na formación dos equipos son:

-Persoal procedente de M.O.D. e Taux-Fix de fabricación.

-Afiadores.

-Regradores.

-Metroloxía.

-Mantemento.

9. Promoción e remuneracións.

9.1. Promoción.

A promoción do persoal no N.S.T. será función exclusivamente da polivalencia adquirida, demostrada practicamente mediante a correcta realización do traballo diario, séndolle, así mesmo, de aplicación o artigo 15º do convenio colectivo vixente nas súas alíneas c) e d).

En función da súa evolución profesional, o persoal quedará encadrado nas categorías que se relacionan a seguir, salvo as situacións máis beneficiosas, que se manterán.

A promoción á nova categoría producirase no mes en que o traballador alcance o nivel práctico requirido.

-Agrupacións de mecanizado.

Espta. B2. Incorporacións internas.

Espta. Cual. B2. Dominio das máquinas (saber traballar + self control + engraxamento) e cambio de ferramenta no 60% das máquinas da agrupación.

Espta. Cual. A2. Dominio de tódalas máquinas da agrupación, incluíndo cambio de ferramentas e o cambio de referencia no 60% delas.

Of. 3ª B2. Dominio de tódalas máquinas da agrupación, incluíndo cambio de ferramentas e referencia.

Of 2ª B2. Cambio de referencia en dúas agrupacións de diferente familia da mesma U.P., ou exame teórico e demostración práctica da súa capacitación nunha área diferente á da súa especialidade (áreas: mecánica, electrónica, electricidade, metroloxía, cambios).

Of. 1ª B2. Cambio de referencia en tódalas agrupacións da U.P. ou exame teórico e demostración práctica da súa capacitación nunha área diferente á da súa especialidade (áreas: mecánica, electrónica, electricidade, metroloxía, cambios).

-Agrupacións de montaxe.

Espta. B2. Incorporacións internas.

Espta. Cual. B2. Saber traballar nunha agrupación.

Espta. Cual. A2. Saber traballar en dúas agrupacións.

Espta. Cual. A1. Saber traballar en tódalas agrupacións.

Of. 3ª B2. Saber traballar en tódalas agrupacións, cambiar de referencias, facer reparacións sinxelas de mantemento e saber ensinar.

-Agrupación de cementación.

Espta. B2. Incorporacións internas.

Espta. Cual B2. Manipulador.

Of. 3ª B2. Conductor de fornos.

-Detalle das agrupacións.

Unha célula pode estar constituída por unha ou varias das agrupacións seguintes:

-Desbaste de gaiola- Tulipa GI aberta.

-Desbaste de noz- Terminais de árbore.

-Tulipa GI dereita- Desbaste de mangueta.

-Tulipa GI esquerda-Rectificado de mangueta.

-Árbore Ford-Chrysler- Rectificado de noz.

-Rectificado de gaiola- Montaxe transmisión Ford.

-Montaxe Chrysler- Cementación.

-Familias.

Teñen a consideración de familia productos diferentes, como por exemplo: noz, gaiola, mangueta desbaste, mangueta rectificado, tulipa, árbore, etc., así como procesos tecnolóxicos claramente diferenciados.

9.2. Remuneración.

Todo o persoal incorporado ós N.S.T. percibirá, ademais do salario convenio correspondente á súa categoría, unha prima de producción que nos anos 1998 e 1999, respectivamente, para os oficiais establécese en 365,37 ptas./hora e 376,701 ptas./hora e para os especialistas en 419,86 ptas./hora e 432,88 ptas./hora, equivalente a Kb 1,33 cualificación 6.

A mencionada prima procede do Kb 1,33 que a partir da data será fixo e independente da producción realizada, e dunha cualificación de posto que valoraba os conceptos de complexidade, responsabilidade, fatiga, etc. fixada en 6 para tódalas células despois dos estudios pertinentes.

10. A transición.

10.1. Obxectivo.

Sendo clave que a modernización da empresa se realice coa maior velocidade posible, parece conveniente comezar desde agora a realiza-la adaptación dos medios técnicos e as persoas ó traballo en equipo do sistema células, así como mellorar no posible o nivel profesional.

10.2. Proceso.

A adaptación realizarase de maneira gradual mediante a creación de agrupacións nas que se aplicarán os mesmos criterios que en células no que se refire a:

-Polivalencia.

-Formación.

-Descansos.

-Xornada de traballo.

-Conformación do equipo.

-Remuneración.

Na creación das agrupacións manterase o persoal habitual sempre que se adecúe á carga de traballo.

10.3. Organización da producción.

Está baseada no traballo en equipo con tarefas e obxectivos comúns.

Pasarase unha declaración individual da producción a unha declaración (común para todo o equipo) das pezas realizadas na última operación.

Declararase a presencia individual e total.

ANEXO

-Xubilacións.

A empresa estará aberta a propostas que faga o comité relativas a xubilacións anticipadas.

-Metroloxía.

A incorporación ó equipo do persoal que realiza as funcións de asistencia a fabricación será de:

1) Voluntarios.

2) Os máis modernos dentro do colectivo.

Se o servicio de metroloxía nalgún momento necesitase incorporar persoal, terá preferencia, sempre que non se prexudiquen os proxectos en que está involucrado o persoal deste servicio que pasase a formar parte destes equipos.

Tamén asistirá ós cursos de formación na área de metroloxía, cando se impartan estes.

No momento da súa incorporación axustarase o seu salario ó propio da súa categoría, nivel B2, salvo que estivesen posición superior, que manterá.

-Categoría profesional.

A categoría profesional manterase para tódolos efectos, tanto no rexistro xeral anual do persoal e recibo de salario.

-Regradores.

A comisión paritaria coñecerá previamente tódolos casos de persoal deste colectivo que se vaia integrar nos equipos a integración das cales no cadro de persoal da empresa se producir como profesional e categoría de oficial de 3ª, para os efectos de emiti-las súas observacións.

No momento da súa incorporación axustarase o seu salario ó propio da súa categoría, nivel B2, salvo que estivese en posición superior, que manterá.

-Afiadores.

Terá preferencia a maior antigüidade deste persoal na función, para incorporarse ás células con maiores necesidades de traballo da súa especialidade.

-Outros colectivos.

Calquera colectivo ou grupo que se integre no N.S.T. con posterioridade e logo de acordo empresa-comité de empresa, será encadrado nas condicións xerais ou particulares definidas no presente documento.

-Espírito do punto 3.2. dos acordos (tarefas e obxectivos do equipo da célula).

É vontade de G.K.N.-Indugasa que o persoal procedente dos colectivos de: mantemento, metroloxía e regradores manteñan e impulsen a súa profesionalidade a través da formación continua necesaria e a súa dedicación ás tarefas da súa especialidade.

4078