Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO de suspensión de licencias urbanísticas.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de marzo do presente ano adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

1º. Suspender preventivamente todo procedemento de concesión de licencias urbanísticas e de obra, inclusive o movemento de terras nas marxes do río Vilacova desde o límite co Concello de Noia ata Servia e Comparada, incluíndo o Castro de Servia, co fin de estudia-la ordenación da área indicada no Plan Xeral de Ordenación Municipal en trámite. (Art. 34.1º da Lei do solo de Galicia).

2º. Exceptuaranse as obras de mera conservación, reposición ou rehabilitación de edificios e elementos preexistentes.

3º. A extensión da suspensión preventiva comprenderá dúas franxas estremeiras co río Vilacova

de 150 m medidas desde o centro do río, segundo queda grafiado no plano correspondente.

4º. A duración da suspensión preventiva que se acorda terá, como máximo, duración dun ano natural, de data a data, unha vez asine o acordo. Como límite mínimo, a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

5º. Publica-lo presente acordo no BOP e DOG e nos dous xornais de máis difusión.

O que se fai público para xeral coñecemento e os efectos, en virtude do disposto no Art. 34.1º da Lei do solo de Galicia e lexislación concordante.

Lousame, 6 de abril de 1998.

José Ramón Vidal Castelo

Alcalde

4108