Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

A Corporación Municipal deste concello, en sesión plenaria celebrada o día 24 de abril de 1998, acordou rectifica-lo erro material existente no rotulado do fondo da edificación correspondente á rúa Benigno Quiroga e contido na folla número 5 do plano P/2, das normas subsidiarias de planeamento municipais, corrixindo o rotulado onde figura 16 por 18 e prestar aprobación ó plano corrixido que se xunta co informe do equipo redactor do planeamento.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que contra o referido acordo, que esgota a vía administrativa se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses e logo de llo comunicar ó órgano autor do acto, ó que se refire o artigo 110.3ª da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere pertinente.

Sarria, 30 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

4080