Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ANTAS DE ULLA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión do 29-4-1998, acordou someter a información pública o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Antas de Ulla, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co previsto no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. Durante o devandito prazo as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Antas de Ulla, 30 de abril de 1998.

José Antonio Varela Casal

Alcalde

3378