Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP), para o equipamento de farmacia, mobiliario e útiles (plan de necesidades 1998). C.P. 114/1998.

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: equipamento de farmacia, mobiliario e útiles (Plan de Necesidades 1998).

Orzamento: 20.778.000 ptas.

Garantía provisional: 415.560 ptas.

Lote 1: instalación de almacéns.

Orzamento: 5.600.000 ptas.

Garantía provisional: 112.000 ptas.

Lote 2: andeis fixos.

Orzamento: 912.000 ptas.

Garantía provisional: 18.240 ptas.

Lote 3: mobiliario almacén.

Orzamento: 1.390.000 ptas.

Garantía provisional: 27.800 ptas.

Lote 4: aparellos e útiles laboratorio.

Orzamento: 2.896.000 ptas.

Garantía provisional: 57.920 ptas.

Lote 5: aparellos e útiles elpecíficos.

Orzamento: 2.090.000 ptas.

Garantía provisional: 41.800 ptas.

Lote 6: aparellos e útiles xerais.

Orzamento: 300.000 ptas.

Garantía provisional: 6.000 ptas.

Lote 7: mobiliario de cámaras.

Orzamento: 1.850.000 ptas.

Garantía provisional: 37.000 ptas.

Lote 8: mobiliario xeral.

Orzamento: 4.463.000 ptas.

Garantía provisional: 89.260 ptas.

Lote 9: mobiliario específico.

Orzamento: 1.132.000 ptas.

Garantía provisional: 22.640 ptas.

Lote 10: útiles de proxección.

Orzamento: 145.000 ptas.

Garantía provisional: 2.900 ptas.

I. Forma de adxudicación: o contrato adxudicarase mediante concurso, en procedemento aberto, tramitación urxente, de acordo co previsto nos artigos 75, 86 e 91 da LCAP.

II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas, e se é o caso, a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 50%.

Calidade técnica e mantemento: 30%.

Plazo de entrega: 20%.

Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 28 de abril de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

4068