Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a adquisición de lencería de liso, rizo e forma, para este complexo hospitalario (expediente 16/1998).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orden da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:

Expediente 16/1998:

1. Obxecto: adquisición de lencería de liso, rizo e forma.

2. Orzamento: 27.182.650 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a data da formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: admitiranse como máximo unha variante por producto.

5. Garantía provisional: 2% de cada un dos lotes ós que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 5 puntos.

-Calidade: ata 3 puntos.

-Valoración técnica: ata 2 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22 - 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: (986) 81 60 23 e fax: (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 6 de abril de 1998.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

4065