Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial P-6/98 e P-259/97, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, funcionaria da delegación provincial, podendo ser recusada en calquera momento do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuárense alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 70.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

-Expediente P-6/98.

Denunciado: Luis Rodríguez Rodríguez (DNI 34.544.478).

Último enderezo coñecido: r/ Fonte do Monte, 3-2º-d, Ourense.

Feitos imputados: pescar cebando as augas con penso granulado o día 25-1-1998, no río Miño, marxe dereita-presa de Belesar.

Precepto sancionador: 34.14º da Lei de pesca.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

-Expediente P-259/97.

Denunciado: Delmiro González Otero (DNI 34.930.400).

Último enderezo coñecido: Vista Fermosa, 6-1º d-Edif. Piedra-Ourense.

Feitos imputados: pescar cebando as augas con penso granulado, o día 28-11-1997, no río Miño-encoro de Belesar-marxe dereita-lugar de Sabadelle.

Precepto sancionador: 34.14º da Lei de pesca.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

Lugo, 30 de marzo de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

3599