Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Representantes y Promotores Profesionales del Espectáculo (Agarppe).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no corres

pondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Representantes y Promotores Profesionales del Espectáculo (Agarppe) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas que exerzan profesionalmente en Galicia a representación e a promoción artística baseada no mandato civil e arrendamento de servicios.

Asinan a acta de constitución: Diego Soto Lage, e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

3364