Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios de Transportes de Viajeros en Autocar de la Provincia de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial foron depositados, ás 13 horas do día 17 de abril de 1998, a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios de Transportes de Viajeros en Autocar de la Provincia de A Coruña, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: todas aquelas persoas físicas ou xurídicas de carácter privado que sexan concesionarias dun servicio público de transporte de viaxeiros.

Asinan a acta de constitución: Javier Castromil Ventureira e dúas persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 17 de abril de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

43966