Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, polo trámtie de urxencia, a contratación das seguintes obras: execución da restauración da igrexa de Santo Estevo de Atán (fase I), en Ferreira de Pantón (Lugo), e reforzamento da escaleira principal do Colexio do Cardeal, en Monforte de Lemos (Lugo).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das seguintes obras:

-Execución da restauración da igrexa de Santo Estevo de Atán (fase I), en Ferreira de Pantón (Lugo):

-Orzamento de licitación: 15.602.302 ptas. (quince millóns seiscentas dúas mil trescentas dúas pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría e.

-Reforzamento da escaleira principal do Colexio do Cardeal, en Monforte de Lemos (Lugo):

-Orzamento de licitación: 34.486.809 ptas. (trinta e catro millóns catrocentas oitenta e seis mil oitocentas nove pesetas) IVE incluído.

-Prazo de execución: dous (2) meses.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría e.

-Exposición da documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, os licitadores que concorran a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada unha delas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natu

ral seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

3969