Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da asistencia técnica consistente no control e seguimento dos pesticidas sobre a fermentación vírica para un programa de producción integrada.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso e procedemento aberto:

Obxecto: contratación da asistencia técnica consistente no control e seguimento dos pesticidas sobre a fermentación vírica para un programa de producción integrada, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para este.

Orzamento de licitación: catorce millóns setecentas sesenta mil pesetas (14.760.000 ptas.).

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: 36 meses.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 3 de xuño de 1998.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 5 de xuño de 1998, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña).

Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

4067