Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de aproveitamento de auga minero-natural.

Visto o escrito presentado por Manuel Vázquez Vázquez, en nome e representación de Aguas de Sousas, S.A., con enderezo para efectos de notificación en Avda. da Habana 3, polo que se solicita declaración de auga mineral-natural e autorización de aproveitamento das augas do manancial Sousas II, nº 55, en Verín, Ourense, no perímetro de protección autorizado a Augas de Sousas, S.A., mediante resolución desta Dirección Xeral de Industria con data do 24 de abril de 1998.

Cumpridos os trámites previstos no Real decreto 1164/1991, polo que se aproba a regulamentación técnico sanitaria para a elaboración, circulación e comercio de augas de bebida envasadas, e para os efectos previstos no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de aproveitamento do citado manancial, sito na localidade de Abedes, no predio chamado Outeiro Piñeiro, tendo por coordenadas UTM 632.355, 4.644.195.

O que se fai público para que todos aqueles interesados e, en particular, os propietarios dos terreos, bens o dereitos comprendidos no perímetro de protección poidan expoñer, durante o prazo de 15 días, canto estimen procedente en defensa dos seus intereses.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director general de Industria

4097