Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/356-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: Cambre-Urb. Ría Burgo-Carcabelos.

Situación: Concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,292 km con orixe na L.M.T. San Marcos-O Temple (expediente 27.742) e final no apoio existente paso aéreo subterráneo a C.T. muiño, en conductor LA-56/54,6 mm. L.M.T.S. a 15/20 kV de 1,757 km con orixe no C.T. muiño e final no empalme L.M.T. existente a C.T. Carcabelos, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,717 km con orixe na L.M.T.S. proxectada San Marcos-O Temple D.C. e final en apoio paso aéreo subterráneo existente, en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. Reforma C.T. milino, situación Marisqueira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 20 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3980