Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/355-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Morteirado e Franza de Abaixo-San Vitorio.

Situación: Mugardos.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,038 km con orixe na L.M.T. Cornido-Franza, e final no C.T. proxectado Franza de Abaixo-San Vitorio, en conductor LA-56/54,6 mm. C.T. intemperie de 100 kVA 15.000/380-220 V en Franza de Abaixo-San Vitorio. L.B.T. aérea de 1,178 km con orixe no C.T. Morteirado, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 1,170 km con orixe no C.T. proxectado de Franza de Abaixo, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 20 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3785