Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.970

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (21/1997).

José Miguel Formoso Sobrado, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón.

En virtude do disposto polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, nos autos de xuízo executivo nº 00021/1997, promovidos por Galipán, S.A., representado polo procurador Manuel García Boado, contra Otegón, S.L., entre outros, o cal se encontra en ignorado paradoiro, en reclamación da cantidade de 304.289 pesetas como principal, e a de 300.000 pesetas que se calculan para xuros e custas; por providencia de data 26-2-1998, por ignorarse o paradoiro do expresado denunciado e sen o previo requirimento de pagamento, acordouse o embargo dos seguintes bens:

Urbana nº 23, no réxime de propiedade horizontal: vivenda letra D, sita na cuarta planta ou ático dun edificio na vila de Padrón, sinalado cos números 3, 5 e 7 da rúa Santo Domingo. Accédese a el polo portal II. Ocupa unha superficie útil duns 93 m, ten como anexo unha terraza duns doce metros cadrados a todo o largo do lindeiro norte.

Ref. rexistral: predio nº 16940, folio 17, libro 125, tomo 532.

Urbana nº 26 no réxime de propiedade horizontal, local sito no faiado dun edificio sito na vila de Padrón, sinalado cos números 3, 5 e 7 da rúa Santo Domingo, sen dividir, pero susceptible de posterior división. Destínase a rochos. Ocupa unha superficie duns douscentos setenta metros cadrados.

Ref. rexistral: predio nº 16946, inscrito no folio 23, libro 125, tomo 532 do arquivo.

Acordándose, así mesmo, verifica-la a citación do remate por medio do presente edicto, na forma previda polo Art. 269 da Lei de axuizamento civil, concedéndose ó mencionado demandado o termo de nove días para que compareza en parte nos referidos autos e se opoña a execución, se lle conviñese, signifi

cándolle que están á súa disposición na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

Dado en Padrón o 26 de febreiro de 1998.

O xuíz

Rubricado

3724