Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.971

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (121/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado xuíz deste xulgado, en xuízo verbal de faltas número 121/1997, que se segue por lesións en agresión, cítase a Víctor Duro Rodríguez e a Miguel A. Calvo Bello para que o próximo día quince de maio ás once horas, comparezan ante a sala da audiencia neste xulgado, sito na rúa Viena s/n polígono das Fontiñas nesta cidade, co obxecto de asistiren á celebración do dito xuízo en calidade de denunciados, baixo apercibimento de que se non o verifican nin alegan causa xusta para deixar de facelo, poderán ser multados conforme a lei e recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito, podendo, se son parte, ser asistidos por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que intenten valerse.

E para que así conste e sirva de citación en forma a Víctor Duro Rodríguez e Miguel A. Calvo Bello en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

4237